Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Santiago(é)Tapas Regresará En Febreiro Reforzando a Súa Aposta Polo Produto Galego e de Proximidade

comostela-santiago-e-tapas-slide-4-decembro-2024_r

Compostela, 4 de decembro do 2024 – Santiago(é)Tapas regresará en febreiro reforzando a súa aposta polo produto galego e de proximidade no que será a súa decimo sexta edición.

A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron a nova campaña de comunicación do Santiago(é)Tapas que se desenvolverá neste período de Nadal. Repartiranse máis de 60.000 manteis e carteis animando ao sector hostaleiro a participar neste concurso, que por segundo ano consecutivo, terá lugar en febreiro.

Poderán participar no certame que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

Para facelo, dispoñen dun formulario online na páxina web santiagoetapas.gal, que estará aberto ata o mércores 8 de xaneiro (incluído). A mecánica do concurso será a mesma que a doutros anos, establecéndose varias rutas e con premios ás mellores tapas, reforzándose nesta edición unha etapa e un galardón especial á máis doce, coa que se busca incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan almorzos e merendas.

Colaboración co Mercado de Abastos

Neste XVI Santiago(é)Tapas, que se encadra dentro da marca Compostela Gastronómica, búscase consolidar a aposta polo produto autóctono de temporada e de proximidade. Por iso, este ano, refórzase a colaboración do Mercado de Abastos de Santiago.

Será alí onde se celebren do 13 ao 17 de xaneiro as probas nas que un xurado profesional valorará os petiscos candidatos a participar no concurso. Non serán aceptadas aquelas propostas que non respondan ao concepto de tapa; que non ofrezan, ao seu xuízo, unha calidade mínima; ou que non inclúan na súa elaboración, cando menos, un alimento galego de calidade contrastada, tales como produtos das distintas denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas, produtos de agricultura ecolóxica ou produtos do mar de Galicia certificados.

Premios maridaxe con cervexa e viño

O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo de 2025, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá.

Ao abeiro deste patrocinio, establecéronse dous premios maridaxe. Estes galardóns consistirán en 500 euros en produto que recibirán os locais que, na opinión do xurado profesional, presenten as tapas que mellor combinen coa cervexa Estrella Galicia e o viño Ponte da Boga.

Neste Santiago(é)Tapas repetirán tamén como empresas e entidades colaboradoras, ademais do Mercado de Abastos; Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia) e Utimaq.

Post navigation

Previous: Dodro aproba o Plan Estratéxico de Subvencións 2024 – 2026
Next: Amalia Blanco Pose gaña o XXXIV Premio Literario Camilo José Cela coa obra ‘No neghro da alma’

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.