Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Compostela e EspazoCoop seguirá traballando no cooperativismo

O convenio de colaboración entre o concello de Santiago e EspazoCoop conta cun extenso programa de actividades

Cartel da programación sobre cooperativismo de EspazoCoop e o concello de Santiago

Compostela, 03/06/2026 – O Concello de Santiago de Compostela e EspazoCoop, Unión de Cooperativas EspazoCoop, presentaron as actividades do convenio de colaboración 2026, enmarcado no programa municipal “Feito en Santiago coa Economía Social”.

Un convenio que dá continuidade a anos de traballo conxunto e que reafirma o compromiso do Concello de Santiago coa economía social e o cooperativismo como ferramentas de desenvolvemento local.

O programa deste ano articúlase en catro liñas de acción complementarias, pensadas para chegar a públicos distintos: desde a cidadanía e as persoas que visitan a cidade, ata o alumnado de formación profesional e as propias cooperativas compostelás.

Ana Olveira Blanco, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop explicou que “Este convenio representa un paso máis na construción dun ecosistema cooperativo sólido en Santiago de Compostela. A nosa colaboración co Concello é a mellor demostración de que apostar pelo cooperativismo desde o ámbito local ten sentido, ten continuidade e ten resultados. Estamos moi satisfeitas de poder seguir avanzando xuntas”.

Pola súa banda, María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago de Compostela, lembrou que a economía social é un dos eixos vertebradores da Axenda Urbana 2030, “porque é un modelo que contribúe a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados por Nacións Unidas a través de proxectos empresariais centrados nas persoas, respectuosos co medio ambiente e comprometidos coa igualdade”.

A concelleira puxo en valor o ecosistema da economía social que temos en Santiago “con máis de 100 cooperativas e 70 sociedades laborais, que son rendibles en diferentes sectores como a cultura, a alimentación, o deporte, as telecomunicacións ou os coidados”.

Catro liñas de acción para o cooperativismo compostelán

Do Roteiro Cooperativo realizaranse catro edicións e cada roteiro terá unha duración de tres horas e incluirá visitas a catro cooperativas, que explicarán a súa experiencia e mostrarán a súa actividade. O punto de encontro será a Alameda de Santiago.

A liña de sensibilización en centros de ensino levará o cooperativismo ao CIFP Politécnico de Santiago de Compostela mediante catro charlas dirixidas ao alumnado de formación profesional e prográmanse para o inicio do vindeiro curso. O obxectivo é achegar o emprendemento cooperativo como alternativa real e viable á hora de construír un proxecto profesional.

A exposición itinerante “Cooperativas de Compostela” constará de 20 paneis que percorrerán centros socioculturais e educativos da cidade. A mostra combinará unha introdución teórica ao cooperativismo con paneis dedicados a cada cooperativa participante e fotografías das persoas que as integran, subliñando que o cooperativismo se constrúe desde as persoas.

Finalmente, o Encontro de intercooperación “Coñéceme para poder gustarte” reunirá durante catro horas ás cooperativas de Compostela e a súa contorna para que se coñezan entre si, identifiquen sinerxias e exploren posibilidades de colaboración e intercooperación.

Unha colaboración con traxectoria

EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela levan anos contribuíndo a cunsolidar un ecosistema cooperativo cada vez máis visible e articulado na cidade, a través de roteiros, charlas, encontros e accións de visibilización. A renovación do convenio en 2026 chega nun momento de especial relevancia para o movemento cooperativo, tras o impulso do Ano Internacional das Cooperativas 2025, declarado pola ONU.

Sobre EspazoCoop A Unión de Cooperativas EspazoCoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores, que ten como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.

Post navigation

Previous: 15 concertos na Festa da Música da Deputación
Next: Os recortes no IES de Melide no Parlamento de Galicia

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.