Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

Preséntase o novo centro loxístico de distribución de mercadorías que xestionará MercaGalicia

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026

Compostela, 31/07/2026 – Este xoves foi presentado de xeito oficial o novo centro loxístico de distribución de mercadorías. Unha infraestrutura da que se leva falando todo o mandato e que ten que abrir un novo modelo para a distribución na zona vella de Compostela.

O obxectivo é mitigar o impacto dos vehículos na Cidade Histórica. Un modelo de reparto de mercadorías na última milla que pode servir de referencia para outras cidades con u patrimonio urbanístico a conservar.

Visita institucional

As instalacións do novo Centro de Distribución de Mercadorías foron visitadas por unha delegación municipal encabezada pola alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei.

Estiveron presentes, igualmente, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o presidente de Mercasa, José Miñones, e o xerente do Consorcio de Santiago, José Antonio Domínguez. A visita foi conducida pola xerente de Mercagalicia, Belén Hernández. 

O obxectivo deste Centro, situado a carón da sede de Mercagalicia, na Vía de la Cierva do Polígono Industrial do Tambre, é diminuír a presenza de vehículos de reparto na Cidade Histórica, procurando conciliar a sustentabilidade ambiental coa mobilidade eficiente e a protección do patrimonio.

Sanmartín Rei sinalou durante a visita que esta nova infraestrutura responde a un “modelo que é imprescindible para as zonas históricas, onde cómpre reducir non só as emisións senón tamén o número e o tamaño dos vehículos”, lembrando que a Cidade Histórica santiaguesa foi declarada zona peonil en 1993 e que “tres décadas despois necesita outra vaga de medidas que desatoen a saturación que se produce en rúas e prazas durante o horario de distribuciónde mercadorias, que protexan con maior eficacia os pavimentos e os edificios dun conxunto patrimonial irreemprazábel e que melloren a calidade de vida das persoas que habitan e transitan por ese espazo”.

A alcaldesa adiantou que este proxecto permitirá xerar aprendizaxes “da xestión loxística de última milla nas zonas de baixas emisións” e por tanto resultará “útil e replicable noutras cidades”.

Destacou igualmente que a plataforma se atopa “nun ámbito urbanístico con capacidade para o crecemento” e que dispón da potencialidade para se converter “nun vector de conexión entre produción e consumo, coa Praza de Abastos como elo fundamental dunha cadea que temos que manter e impulsar” no contexto galego, “un país cun potente sector primario” e “nun momento en que a calidade e a sustentabilidade alimentar son obxectivos socialmente compartidos”.

Pola súa banda, José Miñones afirmou que “a loxística de última milla é un dos grandes retos do noso sistema alimentario e das cidades. Esta infraestrutura é moito máis, é transformadora; e este proxecto piloto senta as bases dun modelo que poderá estenderse por toda España. Hoxe todas as cidades de España e toda a Rede de Mercas miran para Santiago”.

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, lembrou que o Centro é froito da colaboración e o traballo conxunto de distintos axentes. Cualificou a plataforma como “un proxecto pensado para unha cidade moito máis amable e cómoda, mellorando día a día a vida dos veciños e das persoas que traballan en Santiago”. Blanco recordou que redundará nunha mellora da calidade do espazo urbano e do coidado da Cidade Histórica.

Durante a visita ás instalacións tamén estiveron presentes concelleiras e concelleiros da corporación local, así como representantes de distintas áreas do Concello, de Mercasa, de Tragsa, da Xunta de Galicia, do Clúster da Función Loxística, de Uninova e de Cinfo.

Características do Centro Loxístico

O Centro Loxístico de Distribución de Mercadorías, localizado nunha parcela de 40.000 m2 ao norte do Polígono do Tambre, operará como nodo de recepción das cargas que, coa mestura necesaria, se reparten nos negocios da Cidade Histórica.

Para tal fin utilizaranse vehículos de cero emisións, e dun tamaño e peso reducidos. A superficie da plataforma é de 2.335,66 m2. Conta cunha zona de carga e descarga e catro áreas de aparcamento cunha área de 11.249 m2.

A nave organízase en torno a unha zona principal alta e diáfana que alberga as distintas fases do proceso, cunhas dimensións de 45 por 61 metros. Existe unha zona de menor altura e lonxitude disposta perimetralmente  para os servizos secundarios. Nos testeiros sitúanse os peiraos de acceso (con capacidade para 7 vehículos simultáneos) e de saída (con capacidade para 5 cargas simultáneas).

Esta infraestrutura permite reducir as emisións vinculadas ao transporte de mercadorías na Cidade Histórica, racionalizando o acceso a esta emblemática área santiaguesa, de forma que o impacto sobre o patrimonio é mínimo e, simultaneamente, o tráfico sobre o espazo público diminúe de forma notable. O establecemento deste centro permitiralles ás operadoras xerar sinerxías entre si e reducir os custos acumulados na cadea de distribución.

A plataforma loxística poderá absorber ata 212 toneladas de mercadoría nos días de maior intensidade de reparto, evitando por tanto máis de 200 viaxes de furgoneta diarias no caso de vehículos cuxa carga útil sexan 1.000 kg.

Actualmente, son 1087 os estabelecementos comerciais situados na Cidade Histórica, a maioría deles (808) dentro da coñecida como “améndoa”. Un estudo de Uninova impulsado polo Concello e asesorado pola Asociación de Fabricantes e Distribuidores e o Cluster da Función Loxística de Galicia considera a plataforma capaz de afrontar a demanda e dotada de ampla marxe de crecemento.

Desenvolvemento e xestión

O Centro Loxístico de Distribución, impulsado polo Concello de Santiago, é resultado da colaboración deste co Consorcio de Santiago e a Sociedade de Mercados Centrais de Abastecemento (MERCASA), de carácter estatal. A empresa pública Mercagalicia asumirá a xestión diaria.

O custo total da actuación é de 5.868.820,64 €, contando tanto coa adquisición e urbanización dos terreos como co proxecto de obra, a xestión deste e os estudo pertinentes. O Concello achegou os terreos necesarios, cuxa adquisición ascendeu a 347.106,23 €, redactou o proxecto e executou as obras de urbanización exterior, cuxo orzamento foi de 629.181,26 euros.

A Secretaría Xeral de Transportes e Mobilidade do Goberno de España asignou ao proxecto unha subvención de 3.913.920 € sobre un gasto inicialmente previsto de 4.348.800 € máis IVE. Previamente, o Concello incluíu o proxecto no programa de axudas a municipios para a transformación do transporte urbano no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado con fondos Next Generation da Unión Europea.

En xaneiro de 2023 asinouse o convenio de colaboración entre Concello, Consorcio e Mercasa, polo que o Consorcio asumía a redacción e construción do proxecto, contando coa empresa estatal Tragsa. Mercasa fornece a súa experiencia como sociedade pública especializada na loxística do sector alimentario. Da xestión do Centro encargarase, a través dunha concesión demanial municipal, a empresa Mercagalicia, participada maioritariamente polo Concello e na que tamén participa Mercasa.

Post navigation

Previous: Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas
Next: Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.