Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A campaña do 8M en Compostela busca “tecer redes” e “escribir o futuro”

compostela 8m

Compostela, 05/03/2026 – Goretti Sanmartín presentou o programa do 8M en Compostela acompañada pola directora de área de Igualdade, Clara Ortega, e salientou a “idea de sororidade tan presente na mensaxes de Begoña Caamaño” e a transcendencia de “conseguir tecer redes para facer fronte á involución e á regresión e que non se dea nin un paso atrás nos dereitos conquistados”.

A alcaldesa destacou o importante referente que constitúe a figura de Begoña Caamaño, xornalista, veciña de Santiago e importante feminista, que deixou pouso, lembrou, en numeroso artigos xornalísticos e de opinión cunha loita, a do feminismo, atravesada por outras causas relevantes, coma o pacifismo, a xustiza social e a situación das nenas en diferentes lugares do planeta.

A rexedora engadiu que a campaña “Tecer redes, escribir o futuro” traslada a idea de que “escribir é acreditar na palabra como maneira de construír o futuro” e invitou a toda a veciñanza a participar no programa municipal do 8M para que esta celebración sexa un proceso participativo, un exercicio colectivo de memoria, creación e futuro compartido.

“O que facemos é reivindicar a palabra, a cultura, a escrita, como ferramentas de participación social”, valorou a alcaldesa e indicou que este venres ás 11.30 horas terá lugar no Pazo de Raxoi a lectura da declaración institucional aprobada polo Pleno con motivo do 8M, un acto aberto no que a continuación se darán a coñecer as persoas gañadoras do Premio Xohana Torres.

Convidou tamén a asistir á gala de entrega dos premios ‘Mulleres de Compostela’ o luns 9 ás 19.00 horas no Teatro Principal, no que o Concello de Santiago recoñece “un conxunto diverso de mulleres, un abano amplo representativo do que significa unha Compostela feminista”. As persoas que desexen asistir ao acto deben solicitar butaca enviando un correo electrónico a protocolo@santiagodecompostela.gal

Sanmartín fixo referencia tamén ás importantes mobilizacións que se esperan para este domingo, 8 de marzo, e animou igualmente a participar nas actividades propostas pola Casa Xohana Torres, para o empoderamento feminino.

Campaña “Tecer redes, escribir o futuro”

A expresión “tecer redes” remite directamente á sororidade como práctica colectiva de apoio, coidado e resistencia fronte ás violencias machistas. Pola súa banda, “escribir o futuro” conecta coa figura de Begoña Caamaño (Vigo 1964 – Santiago de Compostela 2014), escritora, xornalista e activista feminista homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Serve ademais para reivindicar a palabra e a cultura como ferramentas de transformación social.

Programa

O programa desta campaña está composto por tres actividades: o obradoiro creativo “Reescribir o futuro: mitos e outras voces”, o encontro de diálogo feminista e creación dun mural colectivo “Encontros que pintan o futuro” e a rede comunitaria “Fiando sororidade”.

No obradoiro creativo “Reescribir o futuro: mitos e outras voces” as persoas participantes poderán revisitar mitos, contos e relatos culturais tradicionais desde unha perspectiva feminista, inspirándose directamente na obra literaria de Begoña Caamaño, especialmente na súa relectura crítica de personaxes e narrativas fundacionais como Circe ou Morgana.

Ánxela Lema e Sara Villar dirixirán este obradoiro en dúas quendas. A primeira  desenvolverase os martes 10, 17 e 24 de marzo en horario de 18:00 a 20:00 horas no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. A segunda será os martes 7, 14 e 21 de abril de 17:30 a 19:30 no Centro sociocultural do Ensanche. As prazas son limitadas e para poder participar é necesario inscribirse neste formulario online.

Por outra banda, a actividade “Encontros que pintan o futuro”, que se configura como a acción sociocultural central da campaña, articúlase en dúas fases complementarias: un primeiro momento de encontro e diálogo colectivo arredor da figura e do pensamento feminista de Begoña Caamaño, e unha segunda fase de creación artística comunitaria a través dun mural colaborativo.

María Rúa será a encargada de dinamizar o encontro que se celebrará o 12 de marzo de 18:00 a 20:00 horas na Casa Xohana Torres. A partir das ideas e palabras xurdidas no diálogo, desenvolverase unha acción artística colaborativa: unha pintura colectiva como práctica comunitaria e sororal.

O deseño base será realizado pola ilustradora e deseñadora Irene Sanjuán que posteriormente guiará a actividade. Para participar, cómpre inscribirse neste formulario online.

Por último, “Fiando sororidade” é unha acción participativa e comunitaria que convida á cidadanía a construír de maneira colectiva unha gran rede simbólica a través da palabra e do tecido.

A actividade desenvolverase de forma descentralizada nalgúns centros socioculturais da cidade, onde se habilitarán espazos para que as persoas participantes poidan escribir en anacos de tea mensaxes, frases ou palabras vinculadas á igualdade, feminismo, ao apoio mutuo e á prevención das violencias machistas.

Cada fragmento recollido funcionará como un fío individual que, ao unirse co resto, conformará unha instalación colectiva final: unha rede xigante que será exposta no parque de Begoña Caamaño, un espazo que Goretti Sanmartín quixo tamén poñer en valor.

Esta acción desenvolveras do 5 ao 12 de marzo nos centros socioculturais de Conxo, As Fontiñas, Maruxa e Coralia e Laraño; e do 13 ao 19 de marzo nos de Santa Marta, O Castiñeiriño, Vite e Lavacolla.

Cartel da campaña

A imaxe da campaña difundirase a través de dez muppies e dous autobuses urbanos, garantindo unha ampla visibilidade nos principais espazos públicos da cidade e reforzando o alcance da iniciativa. Ademais o cartel estará tamén dispoñible para a súa descarga na web do CIM Compostela

Post navigation

Previous: Boqueixón conmemora o Día da Muller cunha andaina
Next: Dodro amplía o Paseo das estrelas con motivo do 8M

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.