займ срочно

O Día da Muller celebrase en Compostela “Artellando Feminismo”

0

Compostela, 6 de marzo do 2023 – O concello de Santiago presentou a programación do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, un ano máis arredor da iniciativa “Artellando Feminismo”.

O programa d Día da Muller comeza esta tarde, no Auditorio de Galicia, ás 18:00 h, coa gala “Mulleres de Compostela” na que se homenaxearán varias mulleres e colectivos que “forman parte da historia viva da cidade e que se distinguen polo seu labor a prol da igualdade”.

A continuación, ás 20:00 h, a Escola Municipal de Música acollerá un faladoiro baixo o título “Músicas na música: territorio das mulleres”, organizado polo Departamento de Educación do Concello. Na mesa de debate estarán a vocalista e compositora, Xiana Lastra; Aitana Cuétara, productora, manager e programadora; Elba Fernández, compositora e diseñadora gráfica e Beatriz Busto, musicóloga e docente.

A programación foi presentada pola concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada por Teresa Furelos, xefa do Servizo de Políticas Sociais, e Yara Prieto, responsable de proxectos de Artellando Feminismo. Rosón recordou a necesidade neste 8M de que “as voces das mulleres se volvan unir para pedir a igualdade real e efectiva” e non “perder os espazos de igualdade conquistados nos últimos anos”.

O día central, o 8 de marzo, terá lugar o fallo dos premios Xohana Torres ás 11 da mañá no Pazo de Raxoi, seguido pola lectura do manifesto ás 11:30 na praza do Obradoiro. Mercedes Rosón animou a todas as persoas a participar nestas actividades, que son de balde, e que “nos axudarán a comprender e visibilizar a actual situación da muller e a analizar que aspectos debemos mudar para acadar esa plena igualdade”.

Artellando Feminismo

Artellando Feminismo naceu no ano 2019 coa finalidade de animar á sociedade compostelá a implicarse de xeito activo na transformación social no ámbito da igualdade. Tras catro anos, Artellando Feminismo conta con entidade propia e converteuse nun referente a prol na igualdade entre a cidadanía compostelá, así como un referente cultural na nosa cidade.

No cadro do programa Artellando Feminismo, celebraranse ao longo do meses de marzo e abril numerosas actividades cunha liña lúdica e pensadas tamén para o entretemento, enfocadas a un público heteroxéneo e con temáticas que abordan cuestións de interese xeral, sempre con perspectiva de xénero.

Dentro do amplo programa desta edición, destaca a obra de teatro “Gordas”, na que máis de dez personaxes en situacións e mundos moi diversos interpretan unha comedia na que se reflexiona sobre a delimitación dos espazos segundo a aparencia física. Pódese ver de balde o próximo 29 de marzo, no Teatro Principal.

Toda a programación de Artellando na súa páxina web.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies