Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

De Vacas serán as pregoeiras do Entroido en Compostela

O vindeiro sábado Compostela comezará as festas do Entroido coa subida do Meco ao Pazo de Bendaña e o pregón a cargo do grupo De Vacas.
compostela-the-vacas-pregoeiras-entroido-slide-5-febreiro-2024_r

Compostela, 5 de febreiro do 2024 – O vindeiro sábado Compostela comezará as festas do Entroido coa subida do Meco ao Pazo de Bendaña e o pregón a cargo do grupo De Vacas.

O desfile do Meco sairá ás oito da tarde desde a praza de Cervantes e irá acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño ata chegar ao Toural. Unha vez subido ao Pazo de Bendaña, onde quedará ata o día 13, De Vacas darán o pregón das festas.

Previamente ao desfile do Meco, os Xenerais da Ulla abrirán boca co seus vivas e atranque cos que percorrerán as rúas da cidade entre as 18.30 e as 20.00 horas.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, destacou a participación da veciñanza de Aríns, Marrozos, Angrois e O Eixo que “grazas á súa implicación fan grande a festa, así como a das entidades locais como Os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño, Santa Compaña e Armatroulas de Laraño, Os Bandiños, a comparsa de Maruxas e Coralias e as Xeneraliñas da Semente neste tempo de diversión e entretemento con valores tradicionais propios de Santiago de Compostela”.

O domingo 11 haberá animación de rúa dende as 10.30 horas coa comparsa Os Conformistas de Conxo e coa Batucada a cargo do Bloco da escola de Latexo a partir das 13 horas. Pola tarde tomará o relevo a comparsa A Ruliña de Laraño acompañada pola charanga Tíralle do Aire.

A cita central da xornada será o Festival Infantil de Disfraces que, como é habitual, se celebrará na Sala Capitol e no que poderá participar calquera neno ou nena menor de 14 anos, con entrada libre e inscrición previa (entre as 16.30 h e as 17.45 h). Haberá baile, sorteo de agasallos e concurso de disfraces en tres categorías: individual, parella ou grupo. Os premios son doados por El Corte Inglés.

Os nenos e nenas serán tamén os protagonistas da proposta ‘Mascarada Tour’ a cargo de Nauta Teatro e Títeres Alakrán que percorrerán as rúas da cidade histórica de Santiago a partir das 18 horas. Tamén haberá pasarrúas coa charanga Santa Compaña e os Armatroulas de Laraño, dende a praza Roxa ata a rúa de San Pedro, e Os Bandiños acompañados da comparsa de Maruxas e Coralias que partirán do CSC da cidade histórica e rematarán na praza de Cervantes.

Martes de Entroido

O día grande do Entroido, o martes 13, traerá o agardado desfile de Entroido, que partirá da avenida de Ferrol ás 17.30 horas e que percorrerá a rúa de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa de República do Salvador, rúa do Hórreo, rúa da Senra e avenida de Xoán Carlos I. Ao remate do percorrido, os participantes concentraranse na Sala Capitol, onde a partir das 20 horas terá lugar a actuación dos Bregadiers, e, posteriormente, a entrega dos premios do desfile.

Queima do Meco

Xa ao día seguinte, o mércores 14 de febreiro, Santiago despedirá o Entroido coa Queima do Meco na praza Roxa a partir das 21 horas, despois do seu desfile dende a praza do Toural pola rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro e República do Salvador. Todas as persoas que o desexen que deberán vestir rigoroso loito para a ocasión.

Xenerais da Ulla

A programación complétase co Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla que o sábado 17 protagonizará o desfile das Xeneraliñas da Semente que sairán ás 12 horas dende Santa Clara e rematarán na praza de Cervantes, onde ser poderán escoitar os tradicionais vivas e atranques. Tamén haberá ocasión de vivilos nas parroquias de Marrozos (sábado 3), Angrois (domingo 4), Aríns (sábado 10) e no Eixo (domingo 11).

O propio día 17 de febreiro aínda se poderá desfrutar da festa cos Entroidos rurais en Compostela a partir das 18 horas e co Entroido de Conxo, cunha ampla programación ao longo de toda a xornada que inclúe pasarrúas, exposición concurso, sesión vermú, xantar e foliada entre outras actividades, con organización a cargo da Coordinadora de Festas Tradicionais do barrio.

Post navigation

Previous: Frades repartirá máis de 1.200 € en premios no Entroido
Next: Os empresarios de Arzúa convocan o IX Concurso de Disfraces polos Bares

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.