Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Compostela despide o ano deportivo coa San Silvestre

SONY DSC

SONY DSC

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 21 de decembro do 2018 – O concello de Santiago presentou a edición do 2018 da San Silvestre que se correrá o próximo día 31.
    • Percorrido e horarios
    • Premios

Compostela, 21 de decembro do 2018 – O concello de Santiago presentou a edición do 2018 da San Silvestre que se correrá o próximo día 31.

A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; do delegado da mesma en Santiago, Iván Sanmartín; do director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés, Pati Blanco, e da atleta Esther Pedrosa, deron os detalles do que é a sexta edición.

Tal e como sinalou Noa Morales, a proba “reunirá na nosa cidade a centos de atletas que despedirán o ano da mellor maneira, correndo”. A inscrición na proba pode facerse de forma online en www.sansilvestresantiago.com ou presencialmente no Multiúsos Fontes do Sar e no Polideportivo de Santa Isabel. A data límite é o vindeiro 27 de decembro. A edila lembrou que ten un custo de 6 euros, agás para as e os inscritos no circuíto CorreSan, gañado por Nuno Costa, que será gratuíta.

Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no VII Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, rematado o pasado 1 de decembro.

“Unha das novidades desta edición é a existencia dun caixón competitivo, onde estarán os atletas cuxas marcas sexan de menos de 42 minutos en 10 quilómetros ou 21 minutos en 5 quilómetros para homes (só probas homologadas), e de 47 ou 23:30 minutos, respectivamente, en mulleres”, segundo explicou a concelleira de Deporte.

Isidoro Hornillos definiu esta proba como “a festa do atletismo, unha proba que forma parte do ADN de Compostela”. Na mesma liña se pronunciou Esther Pedrosa ao marcar o “carácter festivo da carreira de fin de ano que ademais discurre polas rúas do casco histórico unha vez que cae a noite na cidade”. Pola súa banda, Pati Blanco lembrou que “El Corte Inglés porá a disposición dos participantes 2.200 gorros de Papa Noel para que as persoas que o desexen poidan correr con eles”. Finalmente, o delegado da Federación Galega de Atletismo en Compostela, Iván Sanmartín, deu as claves técnicas da proba, na que “a día de hoxe hai xa inscritas 800 persoas, e aspiramos a chegar ás 2.000”.

Percorrido e horarios

Ás 18:00 horas darase a saída da San Silvestre 2018, que comezará na praza do Obradoiro e percorrerá as rúas de San Francisco, Carretas, Trindade, Travesa de Fonseca, Franco, Fonseca, Vilar, praza do Toural e Bautizados, ata chegar á Alameda, onde haberá ademais animación para os corredores e corredoras. Posteriormente, a proba irá por Xoán Carlos I, Senra, Virxe da Cerca, Casas Reais, Entremuros, Algalia de Abaixo, praza de Cervantes, Azabachería, Vía Sacra, San Paio de Antealtares, Conga e rúa Nova, para volver pola rúa do Vilar ata a praza do Obradoiro. O circuíto ten unha lonxitude de 5,5 quilómetros. A entrega de premios está prevista para as 19.15 horas.

Premios

Como vén sendo habitual, a San Silvestre compostelá contará con varios premios de 200, 150, 100 e 50 euros ás catro primeiras mulleres e catro primeiros homes da proba, así como trofeos para aquelas persoas que cheguen nos tres primeiros postos tanto na categoría de escolares como na de adultos.

Tamén se premiarán os tres mellores disfraces a nivel individual e de grupo. En canto aos clubs, haberá premio para os tres clubs de atletismo federado con máis participantes adultos, tanto masculinos como femininas, e premios aos tres grupos populares, empresa e centro deportivo ou ximnasio con máis participación na proba.

Post navigation

Previous: Mandingo fálanos do Trote da produtora galega Frida Films
Next: Gran teatro para os máis pequenos, esta fin de semana no Salón Teatro

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Imaxen de arquivo do pregón nas Festas do Apóstolo
4 minutes read
  • Compostela

As Festas do Apóstolo recuperan as proxeccións no Obradoiro

Imaxe das empresas que conseguiron o certificado sicted e Compostela
3 minutes read
  • Compostela

A Deputación entrega as certificacións SICTED en Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.