Compostela, 26 de xaneiro do 2024 – O concello de Santiago de Compostela prepara tamén o seu desfile de Entroido, e concurso de disfraces, que encherá as rúas da cidade o vindeiro 13 de febreiro.
O prazo de inscrición abrirase nos próximos días, unha vez publicado no BOP. As persoas interesadas deberán presentar a súa inscrición ata o 5 de febreiro a través da sede electrónica do Concello de Santiago ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. As bases completas as tedes no seguinte enlace.
Para as carrozas haberá tres premios de 2.500, 1.500 e 1.000 euros. No caso das comparsas, que estarán compostas por un mínimo de 15 persoas, entregaranse premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros. Na categoría de grupos, formados por entre 3 e 14 persoas, hai tamén tres premios, de 700, 400 e 200 euros.
Ademais, entregarase un premio de 300 euros á mellor parella; e tres premios aos mellores disfraces individuais, de 300, 200 e 100 euros. Por último, recoñeceranse as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios de Santiago, con tres premios de 1.200, 600 e 400 euros.
O desfile sairá ás 17.30 h da avenida de Ferrol e percorrerá as rúas Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na avenida de Xoan Carlos I. A entrega de premios terá lugar na Sala Capitol, na rúa Concepción Arenal.