Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Camiñar Santiago con “Compostela Des-parellada”

Cartel dos paseos Compostela des-parellada

Compostela, 15/04/2026 – Unha das iniciativas que máis seguidores ten no ámbito da cultura son os paseos por Compostela e “Compostela Des-parellada” ofrece ata xuño unha nova oferta de este tipo.

A iniciativa, integrada no ciclo de Itinerarios Patrimonio C, desenvolverase con seis paseos guiados gratuítos. A asistencia é de balde previa inscrición que poderá ser realizada dende o venres 17 ás 12 horas a través do formulario dispoñible na web compostelacultura.gal.

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Míriam Louzao, presentou a proposta nunha rolda de prensa que contou tamén coas intervencións de Xosé L. Penas Corral, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, e Leo González, membro de Trivium, a entidade que conduce estas rutas comentadas.

Lonxe de abordar a historia desde relatos illados, os itinerarios “Compostela Des-parellada” propoñen, a dicir da concelleira, “entender Santiago como o resultado dunha rede de vínculos (alianzas, enfrontamentos, amizades ou irmandades) que dalgún xeito contribuíron a construír a Compostela que hoxe habitamos e queremos coñecer un pouquiño mellor”.

Na mesma liña, o deputado Xosé Penas, salientou que “o patrimonio se constrúe a través das ideas e das mans das persoas que antes e despois de nós, foron conscientes dunha preocupación única por deixar pegada na historia de cara ao futuro”.

Por ese motivo, Penas convidou a cidadanía compostelá e da comarca a participar nestes itinerarios “máis importantes que unha simple visita patrimonial” pois permiten coñecer as figuras “que levaron o peso da historia”.

Ao longo dos percorridos, o público poderá achegarse a episodios e figuras que, en moitos casos, permanecen fóra dos relatos máis convencionais, transformando as rúas nun escenario onde memoria e patrimonio se entrelazan.

O membro de Trivium, Leo González apuntou algúns dos eixes que marcaron a selección destas figuras. Entre os contidos que se abordarán, destacan relacións marcadas polo poder, como a de Xelmírez e a raíña dona Urraca, cuxa ambición compartida, e tamén confrontada, resultou determinante para o papel político e espiritual de Compostela.

Os itinerarios tamén abrirán espazo para a recuperación da memoria e das historias silenciadas, a través de figuras como as irmás Maruxa e Coralia Fandiño ou a relación entre Camiño Díaz Baliño e Ánxel Casal, exemplos do papel da cultura e da resistencia en contextos adversos.

A dimensión literaria e mística da cidade estará presente nos vínculos entre Rosalía de Castro e Federico García Lorca, ou entre Valle-Inclán e Maneul Otero Acevedo, que permiten achegarse a unha Compostela tamén construída desde o pensamento e a creación.

E nos percorridos aínda hai tamén lugar para historias de superación, como a das irmás Elisa e Jimena Fernández de la Vega, pioneiras que racharon o teito de cristal e abriron camiño para as mulleres na ciencia.

Os paseos, que serán conducidos por Emma Gutiérrez Castro, desenvolveranse os días 22 de abril; 6 e 20 de maio; e 3, 10 e 17 de xuño, sempre ás 19.30 horas. A participación é de balde, con inscrición previa a través da web de Compostela Cultura a partir do venres 17 de abril ás 12.00 horas.

Teñen unha duración aproximada de hora e media e o punto de saída de cada un deles enviarase ás participantes xunto coa confirmación da reserva da praza.

Con esta nova iniciativa, Compostela Cultura reforza a súa aposta por ofrecer ferramentas para coñecer a cidade desde perspectivas contemporáneas, convidando a percorrer Santiago non só como un conxunto de espazos físicos, senón como un territorio vivo de historias compartidas que seguen a dialogar co presente.

Post navigation

Previous: O IV Festival de Cine Galego “O Tremo” traerá catro flims a Brión
Next: A Baña celebra unha nova edición dos Maios

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.