Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

289.000 euros para un novo tramo da Vía Verde en Santiago

deputacion compostela via verde slide 18 febreiro 2025

Compostela, 18 de febreiro do 2025 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asinaron o convenio para financiar o tramo 2.1 da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle.

A entidade provincial aportará 289.216,39 euros con cargo ao PSTD da Vía Verde, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos Next Generation EU.

O treito 2.1 da Vïa Verde, que discorre ao completo polo termo municipal de Santiago de Compostela, conta cunha lonxitude a acondicionar de 3.170 metros, dende o punto quilométrico 7+010, no acceso á aldea de Ramelle, ao 10+180, na ponte sobre o río Tambre.

Neste tramo contémplanse as obras necesarias para o uso do trazado por cicloturistas e camiñantes, con actuacións sobre o firme e a drenaxe, ou a construción de muros, varandas e outros elementos de seguridade. Este proxecto é a primeira das dúas subfases necesarias para completar o tramo II da Vía Verde, a parte que resta para completar dita infraestrutura.

Formoso indicou que con este convenio  “damos un paso máis para conectar a cidade de Santiago coa maior Verde de Galicia e completar os 36 quilómetros dun itinerario que non só recupera a historia e patrimonio ferroviario da comarca, senón que xa é unha referencia no ámbito da mobilidade sostible e un lugar para o lecer e a práctica do deporte en plena natureza para miles de usuarios”

En total, o conxunto das actuacións nos tramos I e II suporán un investimento de máis de 1,8 millóns de euros e permitirán sumar 10 quilómetros máis aos 26 que xa compoñen a Vía Verde, a maior de Galicia, atravesando os concellos de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda.

Acondicionamento dos tramos existentes

Hai poucos días, a Deputación asinou tamén un convenio coa Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, para financiar as obras de acondicionamento e mantemento de diferentes treitos xa existentes desta infraestrutura. A Deputación financia ditas actuacións con 128.000 euros, que se corresponden a preto do 86% do importe total orzamentado, que ascende a 149.108,84 euros.

As actuacións de mellora inclúen a recuperación de camiños de servizo e trazados alternativos á Vía Verde, a mellora do alumeado do túnel situado no concello de Oroso, a instalación de zonas Wifi, a consolidación de noiros para evitar desprendementos, a recollida de augas pluviais con orixe en pasos elevados e obras de drenaxe.

Post navigation

Previous:  Os orzamentos de Compostela avanzan baixo a sombra da crise socialsta
Next: Entroido de Silleda 2025

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.