Compostela, 24 de marzo do 2023 – A Deputación da Coruña ven de adxudicar as obras da senda peonil entre o centro de Compostela e a parroquia de Figueiras.
O investimento na senda de Figueiras será de 900.000 euros na estrada provincial DP-7803. Os traballos inclúen a ampliación da beiravía, establecendo un novo itinerario peonil de case dou metros de ancho que servirá para aumentar a seguridade viaria.
A senda comunicará con sendeiros que levan ao monte Pedroso, zona habitual de camiñantes.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, di que coa obra adxudicada “cumprimos un compromiso coa veciñanza que transitan por unha beirarrúa que conecta Santiago de Compostela e a parroquia de Figueiras”.
As obras inclúen o retranqueo dos postes que soportan tendidos aéreos de telefonía, electricidade e alumeado público, a reposición de dúas acometidas de gas, e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.
A nova sinalización incluirá novas marcas viais con resaltos, delimitadores de carril de caucho con elementos reflectantes, captafaros cada 20 metros e barreiras de seguridade nas zonas de curvas; todo elo co obxecto de incrementar ao máximo a seguridade do tránsito de peóns. Tamén se prevé a reposición das cunetas e a mellora do sistema de drenaxe, con colectores de formigón, pozos de rexistro e sumidoiros.