Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Deputación investirá 850.000 euros no estadio Verónica Boquete de Santiago

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Deputación e concello asinan un convenio para acometer melloras no Verónica Boquete que inclúe a reparación integral de fachadas, cubertas e soportais, zonas interiores de presidencia e cafetería.


O concello de Santiago e a Deputación da Coruña investirán na reforma do estadio municipal Verónica Boquete máis de un millón douscentos mil euros. Unha reforma demandada desde hai tempo.

A Deputación levará ao pleno deste mes de outubro a aprobación dun investimento de 850.000 euros destinado á rehabilitación do estadio. A achega provincial cubrirá o 65,7 % do orzamento total, que ascende a 1.292.790 euros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que o proxecto dá cumprimento ao compromiso adquirido coa cidade e co seu club de fútbol. “Ao igual que fixemos en Riazor na Coruña e na Malata en Ferrol, a Deputación colaborará no financiamento das obras de mellora do estadio compostelán, unha infraestrutura de referencia para o deporte galego que precisa actualización e mantemento”, sinalou o presidente, que visitará o recinto nas próximas semanas acompañado da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

O proxecto das obras para o estadio Verónica Boquete compostelán recolle a aplicación das medidas correctoras do estudo integral de patoloxías do estadio, que ten unha capacidade para 13.000 espectadores e conta cun aparcadoiro para 2.000 vehículos.

As actuacións previstas inclúen a reparación integral das fachadas, cubertas e soportais, así como diversas melloras interiores. O plan contempla a limpeza, pintado e selado de xuntas nas fachadas con revestimentos elásticos e masillas especiais, e a substitución da carpintería de muro cortina na Porta 1.

Na cuberta prevese a reparación de todas as xuntas entre placas e a aplicación dun novo sistema impermeabilizante de poliuretano con acabado antiescorregadizo, ademais da reposición dos paneis de policarbonato que separan distintos tramos por módulos novos e máis resistentes. Tamén se repararán e pintarán as pilastras e soportais con pintura anticarbonatación para protexer o formigón, e acometeranse melloras interiores como o pintado das particións e falsos teitos da zona de presidencia e a substitución do falso teito e paneis decorativos da cafetería.

O proxecto do Verónica Boquete prevé un prazo total de execución de catro meses, divididos en catro sectores de obra que abranguen a totalidade do perímetro do estadio. Cada sector comprenderá un mes de traballo, coordinado para minimizar o impacto sobre a actividade deportiva e o tráfico da zona.

Formoso destacou que esta nova achega “é un exemplo máis da colaboración institucional da Deputación da Coruña cos concellos da provincia para mellorar as súas infraestruturas deportivas, favorecer a práctica do deporte e poñer en valor espazos emblemáticos que son tamén parte do patrimonio colectivo da cidadanía”.

Post navigation

Previous: E logo… que foi? Viño industrial
Next: E logo… que foi? Vivir na rúa

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.