Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Proxecto pioneiro da Deputación en colaboración coa AVV Sandra Prego Rial

deputacion proxecto empresarial vecinhal 26 setembro 2025

A asociación veciñal de Santiago e a Deputación usarán tecnoloxía 4.0 para mellorar a empregabilidade no rural e en barrios periféricos.


A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán Cancelo, visitou a Asociación de Veciños Sandra Prego Rial, situada na zona suroeste de Santiago de Compostela, para coñecer o proxecto tecnolóxico desenvolvido coa colaboración da institución.

A entidade adquiriu equipamento tecnolóxico de última xeración, entre o que se inclúen unha impresora 3D de dobre extrusor, dous drons con cámara e catro ordenadores de sobremesa de altas prestacións grazas a unha axuda da Deputación da Coruña.

Este material permitirá impulsar accións formativas e actividades orientadas á inserción laboral da veciñanza, especialmente no ámbito do deseño gráfico, web, 3D, comunicación audiovisual e uso autónomo das novas tecnoloxías.

Durante a visita, Cristina Capelán destacou a “importancia de apoiar proxectos como este, que ofrecen oportunidades reais de formación a persoas de todas as idades”. Subliñou tamén o compromiso da Deputación “co desenvolvemento inclusivo do rural e das periferias urbanas, poñendo ao alcance de toda a cidadanía ferramentas tecnolóxicas cun gran potencial para xerar oportunidades laborais”.

A asociación, que traballa en colaboración coa ANPA do CEIP Ramón Cabanillas e cos centros socioculturais do Concello de Santiago, ten previsto organizar cursos para nenos, persoas mozas e persoas adultas, tanto en situación de desemprego como en busca de mellora profesional, centrados en alfabetización dixital, impresión 3D, manexo de drons, ofimática, redes sociais e trámites electrónicos.

O novo material estará dispoñible tamén para outras entidades que desexen participar no programa, maximizando así o seu impacto social. A aula informática da entidade, aberta ao público, funcionará como espazo de acceso libre á tecnoloxía para a busca de emprego, o estudo ou a formación continua.

Post navigation

Previous: Teo continúa aplicando modificacións puntuais non substanciais ao PXOM
Next: O máis lido en Lindeiros do 22 ao 26 de setembro do 2025

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.