Compostela, 10 de xaneiro do 2024 – O Plan Único da Deputación inviste na área de Santiago máis de 16 millóns dos que 900.000 son para a Santiago de Compostela.
A deputada de plans provinciais, Cristina García presentou en Compostela o Plan Único da Deputación acompañada pola concelleira de medio rural Pilar Lueiro.

O total destinado á bisbarra de Santiago repartirase entre as comarcas de Santiago, Ordes, Terra de Melide, Arzúa, Xallas, A Barcala e O Sar. O Plan Único, que destinará 50,5 millóns de euros para toda a provincia, permítelle aos concellos coruñeses distribuír os recursos públicos con maior autonomía, en función da súa situación e particularidades.
No caso do concello de Santiago, que no ano 2024 recibirá máis de 900.000€, a concelleira sinalou que o Plan Único permitirá financiar “unha parte do gasto corrente (alumeados públicos, auga, parques e xardíns, persoal, etc.), do gasto social e tamén de obras como a mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras, que leva paralizada dende 2019 e ten moita necesidade de arranxo”.
A reunión serviu tamén para estudar proxectos futuros que se destinarán integramente ao rural para cumprir co acordo acadado por todos los grupos antes das eleccións. Segundo Pilar Lueiro o Plan Único favorece “un reparto dos fondos obxectivo para os concellos e, ao coñecelo a principios de ano, planificar proxectos con maior eficiencia”.