Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O caso “Pichel” chega aos xulgados

O Partido Popular de Santiago presentou denuncia no xulgado contra o equipo de goberno socialista, a empresa Desprol e o seu xerente, polo denominado caso Pichel.
Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r

Compostela, 4 de abril do 2023 – O Partido Popular de Santiago presentou denuncia no xulgado contra o equipo de goberno socialista, a empresa Desprol e o seu xerente, polo denominado caso Pichel.

En realidade o Partido Popular está cumprindo o anunciado como xa contamos en Lindeiros no mes de xaneiro. A denuncia presentada polo PP explica que as accións tomadas estaban encamiñadas a beneficiar á empresa, parte de cuxas accións pertencían a Pichel, aproveitando a situación do concelleiro no equipo municipal. O escrito insiste en que toda a Xunta de goberno eran consciente da situación.

Comunicado do Psoe e resposta do PP

O equipo de goberno socialista emitía un comunicado na tarde de onte no que di que se trata “dunha actuación que só se pode entender dentro da estratexia electoral habitual dun partido que ten por costume levar aos xulgados o que non pode gañar nas urnas”.  

O Psoe recrimina ao PP que tendo a información desde decembro “agardara a xaneiro para facela pública e outros tres meses para presentar a denuncia”. Os socialistas insisten en que se trata dunha estratexia dos populares e engaden que a denuncia presentouse o mesmo día que “José Ramón Gómez Besteiro volve á política, logo dunha actuación xudicial inxusta e inxustificada”.

Polas conversas mantidas por Lindeiros con fontes do Partido Popular “os retrasos aos que alude o Psoe foron para poder reunir toda a documentación e, posteriormente, que os servizos xurídicos a puideran analizar antes de presentar a denuncia”.

Engaden que no último pleno o PP convidou de novo ao Psoe a que foran eles os que levaran o tema a fiscalía para aclarar si existira ou non algún tipo de irregularidade e “pouco menos que se riron de nos”.

Compostela Aberta abriu a espita

A liorta entre Partido Popular e Psoe deixa na sombra a Compostela Aberta que foi o grupo que denunciou a situación en xaneiro de este ano. Por aquel entón CA denunciaba o alquiler dunha nave propiedade do concelleiro de medio rural José Manuel Pichel.

O que nun primeiro momento non foi tomado en serio rematou coa dimisión do edil e unha sucesión de peticións de documentación por parte da oposición que chega ao seu punto álxido con esta denuncia a menos de dous meses das eleccións.

Post navigation

Previous: Boqueixón remata as melloras de parques infantís en Lestedo e Camporrapado
Next: A XII edición do Millarock terá lugar o 30 de xuño

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.