Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Peleteiro volve polo Nadal

compostela-peleteiro-vivenda-protexida-slide-10-abril-2019_r

Compostela, 24 de decembro do 2024 – Xa case ninguén fala da parcela de Peleteiro e o seu futuro pero, como aquel vello anuncio da televisión. Volve a casa polo Nadal. 

O Concello de Santiago ven de denegar a licenza para a construción de dúas edificacións no antigo colexio Peleteiro. Como o tema ven de anos, no seguinte enlace podedes reler algúns dos fitos de esta historia. https://lindeiros.net/?s=peleteiro .

O que a Xunta de Goberno Local de Santiago denega é a licencia de obra presentada para peleteiro por un fondo de activos bancarios, Arqura Homes, por incumprir as normas do hábitat e non incluír o proxecto de urbanización esixido polo planeamento PERI-12.

O concelleiro Iago Lestegás detallou que a denegación por parte municipal vén motivada porque o proxecto incumpre as Normas de Habitabilidade de Galicia no referido aos servizos das vivendas, en concreto no relativo á disposición de espazos de almacenaxe, e porque omite o proxecto de urbanización do espazo libre público

Segundo explicou o concelleiro, o planeamento PERI-12, aprobado en 2005, que o proxecto presentado executa, permite simultanear as obras de urbanización e as de edificación. As de urbanización consisten fundamentalmente na apertura dunha nova rúa de trazado curvo que conectaría San Pedro de Mezonzo e República Arxentina e que serviría de soporte ás novas edificacións.

Sen embargo, o plan de etapas do PERI-12 establece a necesidade de aprobar un proxecto de urbanización, que debe tramitarse de acordo co procedemento correspondente e polo tanto debe ser sometido á información pública durante un prazo mínimo dun mes, xa que “o dereito de participación da cidadanía no procedemento de execución do planeamento ten carácter esencial”.

Deste xeito, dado que PERI-12 esixe “non só a aprobación do proxecto de equidistribución aprobado en 2005, senón tamén a aprobación dun proxecto de urbanización, a súa omisión podería determinar a nulidade de pleno dereito do acto administrativo de concesión da licenza de obra”, detallou o edil.

Iago Lestegás tamén recordou que tras a xuntanza mantida o pasado mes de maio co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, “na que acordamos traballar nunha modificación do planeamento no ámbito do antigo colexio Peleteiro que priorizase o uso residencial e incorporase unha reserva importante de vivenda protexida”, o Concello remitiulle unha proposta á propiedade dos terreos que inclúe unha reserva do 45% de vivenda protexida ao mesmo tempo que “mantén o aproveitamento lucrativo e por tanto mantén a rendibilidade económica da operación, atendendo as esixencias da propiedade”. “Estamos convencidos de que é unha moi boa solución pero a propiedade aínda non deu a súa conformidade”, concluíu.

Papa Noel, o Apalpador, ou calquera outro ser imaxinario podería traer en estas datas unha solución pero o certo e que non sucedeu. Teremos que seguir mirando os muros de Peleteiro por si en algún momento mudan en praza pública.

Post navigation

Previous: DATAlife atrae 28 millóns de euros en 5 anos a Galicia
Next: A Barcala xera emprego con “Rexenera 2024”

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.