Compostela, 18 de xullo do 2022 – Según publica hoxe o xornal La Voz de Galicia os traballadores de Urbaser aceptaron na noite de este domingo desconvocar a folga de lixo que tiña que ter comezado pasada a media noite.
Ao longo de toda a tarde Comité de Empresa e representantes empresariais acercaron posturas con fin de chegar a un acordo co que cancelar a folga. Unha vez conseguido unha base común trasladouse á asemblea de traballadores os puntos acadados e decidiuse desconvocar a folga.

O pasado venres a Asociación de Hostalería emitía un comunicado no que chamaba ás partes a alcanzar un acordo. O presidente, Thor Rodríguez, declaraba que “Se non se busca unha solución ao conflito, imos pagar o pato en primeiro lugar os veciños e veciñas e, en segundo, un sector tan importante para a nosa economía como é o turístico”.
Desde o concello tamén se vía con preocupación unha folga que nas últimas semanas viu precedida de distintos incidentes como queima de contedores e sabotaxe de vehículos.
O principio de acordo permite afastar a preocupación da cidade na semana na que comezan as festas do Apóstolo.
