займ срочно

Álvaro Pérez Blanco, de ArteSana Gastrobar, gaña o premio do público no “De Tapas por Galicia 2023”

0

Compostela, 22 de marzo do 2023 –  Álvaro Villasante do Restaurante Paprica de Lugo fíxose co título de Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia 2023. Pola súa banda Álvaro Pérez Blanco, de ArteSana Gastrobar, acadou o premio do público.

A VII Gala Show Cooking “Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia”, celebrada esta noite en Santiago de Compostela, foi o peche dunha campaña de Turismo de Galicia que busca atraer a un turismo gastronómico en calquera época do ano.

As tapas que participaban foron as seguintes:

1 Coruña Gyoza de chocos na súa tinta Sheila Barbeito de Restaurante Roots

 2 Ferrol Bocado de alde Alex M. Bacelo e Mar Lago Restaurante Bacelo

3 Lugo Bonito, morrón, cebola e paixón. Que rico sabor Álvaro Villasante Paprica

4 Ourense Canta Castaña Beatriz Alcalá La Zapatería del abuelo

5 Vigo Xema na fraga Ana Vilar Cervexaría Leria

6 Pontevedra Vacalao: do crú ao cociñao Rubén González Vallejo El Cafetín de la Alameda

7 Santiago Queixo Álvaro Pérez Blanco Artesana Gastrobar

O gañador,  Álvaro Villasante do Restaurante Paprica de Lugo, é natural de Palas de Rei (Lugo). Ten unha ampla traxectoria profesional desenvolta a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola e Anxo Palacios en “A Broche” (Miami); Gonzalo Tamames no “Recuncho de Gonzalo” (Tenerife); Ramón Freixa, en “Racó d´en Freixa” (Barcelona); e Óscar Sabate, en “Eth Taro” (Val d’Arán). Finalmente, as aspiracións de Álvaro levárono a abrir o seu propio establecemento na cidade das murallas no ano 2007.


O gañador do premio do público, Álvaro Pérez Blanco, de ArteSana Gastrobar en Compostela, naceu en Dodro (A Coruña). Pasou por algunhas das cociñas máis prestixiosas e recoñecidas da península e do continente, como a de El Bulli de Albert e Ferrán Adrià ou a do Hostal dos Reis Católicos. Álvaro di que a súa cociña non é conceptual, senón máis ben sensible e que naturaliza para que as persoas se sintan cómodas. Non só para os comensais, tamén detrás dos fogóns. Chegou a Compostela seguindo os pasos do seu irmán, quen tamén cursou un ciclo na Escola de Hostalería. Hai dez anos, cando tiña 25 e logo do seu paso profesional por outras cociñas de moita sona, decidiu abrir ArteSana Gastrobar.

A cita enmárcase na estratexia que Turismo de Galicia desenvolve para promover este tipo de turismo cultural e de proximidade, a través da cooperación entre as empresas do sector, as asociacións e as institucións. Unha cita consolidada que vai xa pola súa sétima edición e que deixa patente a variedade e creatividade da gastronomía galega, mais enmarca tamén ditas experiencias en cidades atraentes e dinámicas cunha historia e cultura de seu.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies