Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O festival Curtocircuíto cambia as súas datas e desenvolverase do 1 ao 6 de xullo

curtocircuito cambia de datas SLIDE 6 maio 2025 (2)

Curtocircuíto múdase ao verán de Santiago de Compostela. Divídese ademais en dúas fases, a primeira esta mesma semana.

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura), celebra a súa vixésimo segunda edición cunha renovación de modelo e un adianto de datas.

Curtocircuíto volve ás rúas entre o 1 e o 6 de xullo. O obxectivo é xerar espazos de intercambio entre a cidadanía e os artistas nos que compartan e reflexionen sobre o seu traballo.  Arredor deste modelo renovado, a concelleira de Capital Cultural Míriam Louzao destaca a súa “aposta firme polos novos talentos, pola educación no pensamento crítico e pola creación de comunidade a través dos filmes”.

O director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo, apunta que “devolver Curtocircuíto ao seu formato orixinal é un bonito reto que sen dúbida abrirá o festival a un público máis diverso. Os cinemas de verán historicamente foron un espazo ideal para facer comunidade e propiciar a convivencia entre veciños e visitantes, achegando a cultura e o pensamento de forma accesible e interxeracional”. 

O festival recupera a súa identidade orixinal e, aproveitando os recursos que ofrece a cidade de Compostela e a súa singularidade patrimonial, pretende devolver á cidadanía unha proposta curatorial que non priorice a novidade e a competición senón o intercambio entre a comunidade creadora e a veciñanza.

Na pasada edición escoitábamos as consideracións do director de Curtocircuíto, Pela del Álamo. No seguinte enlace podedes volver a escoitalas https://lindeiros.net/compostela-coversa-pela-del-alamo-curtocircuito/

O festival manterá unha programación internacional e interdisciplinar que seguirá tendo o cinema como eixo principal. Ademais de manter as seccións competitivas Planeta GZ, Supernova e Cosmos, o encontro e convivencia entre artistas, cineastas e público serán o punto de partida para xerar lugares de debate, reflexión e coexistencia co público fóra das estruturas competitivas. 

O novo modelo de festival combinará a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público de Compostela. As prazas e as rúas da cidade servirán como anfiteatros naturais nunha aposta por devolver o espazo público á cidadanía e ofrecer alternativas á imaxe máis turística da capital galega.

Na súa próxima edición, as actividades de Curtocircuíto desenvolveranse en espazos xa coñecidos como o Auditorio de Galicia, Teatro Principal, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC ou a Facultade de Psicoloxía e emprazamentos históricos do festival como a praza da Quintana ou a praza de Praterías.

Curtocircuíto Campus

A formación e a presenza nos centros educativos da cidade segue sendo un dos acenos de identidade do festival, desde agora baixo o nome de Curtocircuíto Campus. Ata o 13 de maio desenvólvense actividades dedicadas en exclusiva á alfabetización audiovisual, a creación de novos públicos e a formación en xeral.

A programación, dirixida a público infantil, escolar, universitario e profesional, estará dividida nas seccións Teenage Riot e Criaturas, dedicadas á xeración de novos públicos e que contan co apoio de Deleite, e Satélite FÄCOM,  en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación e o Club de Cinema FACOM.

Realizarase tamén a Cátedra Cruz Vermella – USC, na que se ampliará programación con respecto a edicións anteriores e que este ano estará centrada nos aspectos positivos do envellecemento. De novo levará a cabo a Residencia Artística, que conta co apoio da Universidade de Santiago e Cafés Candelas, e que, a través da fotografía, reivindica unha imaxe de Santiago de Compostela que contraste coas representacións tradicionais da cidade.

Ademais, nesta nova edición recuperarase a Sección Canteiras, que pon en valor a alfabetización audiovisual e promoción de prácticas que capacitan o estudantado para coñecer, interpretar e expresarse a través da creación audiovisual e a reflexión en torno á linguaxe visual.

Post navigation

Previous: Comeza en Compostela Escenas do Cambio
Next: Crean un mapa interactivo dos puntos contaminantes da mina de Touro

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.