займ срочно

Compostela Cultura chegou a 1.500 persoas na primeira edición

0

Compostela, 18 de febreiro do 2021 – A primeira edición de Compostela Cultura remata con éxito e tras chegar a 1.500 persoas e 6.000 visualizacións.

Compostela Cultura púxose como obxectivo, hai 3 meses cando comezou, compensar as restricións derivadas da pandemia e conseguir promocionar online a vida cultural da cidade. A campaña foi desenvolta pola empresa Mada Producións e coa dirección artística do músico Xacobe Martínez Antelo.

Datos moi positivos

Desde a Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago, promotora do evento,  valoran “moi positivamente” a acollida da mesma por parte da cidadanía. Desde o mes de decembro ata a altura, os organizadores viron que, entre o Instagram, Youtube, Facebook e Twitter, foron máis de mil cincocentas as persoas que seguiron a campaña e cerca de 600 participaron nos sorteos, tanto nos semanais coma no final, valorado en 250 euros.

Un total de 24 comercios de toda a cidade, así coma espazos culturais e deportivos da capital galega foron escenario das compras para os packs a sortear, así como para a realización dos vídeos, diversas postas en escena, micro recitais poéticos, improvisacións musicais e pictóricas e outras manifestacións artísticas que as e os compostelanos puideron gozar desde as súas casas todas as semanas.

Co obxectivo de “revitalizar” a actividade dese sector “tan afectado” pola pandemia debida á Covid-19 como é o da cultura, esta campaña de promoción en Compostela procurou “dar visibilidade á cidadanía practicando o seu consumo”, ben asistindo a unha exposición, ao cinema ou calquera outra manifestación cultural e recollendo a súa acción cultural nunha foto que podían enviar, ademais de participaren nos sorteos semanais e final.

A acollida por parte das e dos usuarios foi “excepcional” e “con moito feedback nos comentarios das redes”, afirman desde a organización, xa que foron varias as persoas que deixaron constancia de canto as divertían os microeventos propostos, así como outras daban conta da descoberta que lles supuña o veren as e os artistas protagonistas das fotos e vídeos en todos os seus formatos, por nomear só algunhas das reaccións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies