Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Leticia Rey e Emmy Curl no Nadal de Compostela

compostela cultura actuacions nadal 4 decembro 2025

No marco da programación especial de Nadal, Compostela Cultura abre as portas do Teatro Principal a dúas noites de música que dialogan coa emoción, coa raíz e coa diversidade de sons.

Os días 12 e 13 de decembro, os concertos de Leticia Rey e Emmy Curl centran a axenda musical no comezo do Nadal cunha proposta artística que invita a escoitar con calma e transformar o íntimo nunha experiencia compartida.

 Ao tempo, estes dous recitais erguen o pano do ciclo Fiestra aberta, un programa de eco rosaliano que convida a gozar dun ronsel de propostas singulares que poñen en relación a produción galega con ollares e enfoques doutras contornas unidas polo seu gran valor musical.

Coa “fiestra aberta” que nos deixou Rosalía de Castro como lugar desde onde se realiza este diálogo co mundo, o ciclo de Nadal acolle voces singulares doutras culturas e espalla as creacións de noso. Unha xanela desde onde ollar o mar de diversidade que nos arrodea.

Leticia Rey: a sombra como territorio artístico

A cantora e compositora galega Leticia Rey, orixinaria de Vila de Cruces e residente na Coruña, tomará o escenario do Teatro Principal o venres 12 de decembro ás 20.30 horas cun directo performático que expande os límites do concerto tradicional.

Partindo dunha base técnica clásica e un estilo no que dialogan jazz, pop, psicodelia e folk, a artista mergullará o público no universo de Danza Luz, un traballo integramente en galego nacido da transformación do sufrimento e centrado nun motivo tan antigo como inesgotable na historia da arte: a sombra.

Para facer medrar este concepto no escenario, Leticia deseña unha proposta multidisciplinar que integra música, danza, escenografía, vestiario e iluminación, acompañada por un equipo artístico de primeiro nivel: Iago Mourinho, no piano; Vadím Yuchnevich, ao acordeón; Benxamín Otero, no corno inglés; Estefanía Gómez, na dirección escénica e dirección de movemento; Nacho Martín, na iluminación; e Carolina Díguele, na escenografía.

O resultado é un espectáculo vivo, artesanal e profundamente colaborativo, que aposta pola creación local e pola emoción como forza transformadora.

Emmy Curl: unha viaxe contemporánea ao corazón do folclore transmontano

Criada nas altas montañas de Vila Real, emmy Curl recupera as melodías antigas do folclore transmontano e celta, devolvéndolles vida a través dunha estética contemporánea que respecta e actualiza o patrimonio musical portugués.

O seu último traballo, Pastoral, recoñecido co Premio José Afonso 2025, é unha homenaxe á tradición, á coraxe e ao amor en tempos difíciles. Preséntase en concerto no Teatro Principal o sábado 13 de decembro ás 20.30 horas.

No espectáculo, a artista constrúe unha atmosfera envolvente na que complexas capas rítmicas e harmónicas dialogan coas raíces profundas do seu territorio. En Pastoral, o público é convidado a deixarse levar por unha paisaxe sonora que resoa como as voces das montañas que inspiraron o álbum.

Entradas

Ambos os concertos son de balde, previa retirada de convites (máx. 2 por persoa). Están xa dispoñibles na web de Compostela Cultura e na Zona C · Punto de Información Cultural (aberta de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h). En caso de existiren aínda localidades dispoñibles, tamén se poderán retirar o propio día de cada concerto dende unha hora antes do seu comezo no despacho de billetes do Teatro Principal.

Post navigation

Previous: Brión Inclúe celebra a súa oitava edición
Next: A Baña celebrará o 14 de decembro o seu Mercado de Nadal

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.