Compostela, 23 de novembro do 2022 – Este martes foi día de explicacións que coinciden só en que a crise viña xestándose desde hai meses no grupo de goberno de Compostela.
Tanto as declaracións de Javier Fernández como as do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recoñecen que viñan falando do cambio de competencias dos centros socioculturais. A crise agudízase polo ultimatum de Fernández que ameazaba con deixar todo si llas quitaban.

Unha renuncia anunciada
Javier Fernández insistiu durante toda a rolda de prensa en que se presentou ás eleccións no grupo socialista pero como independente. Explicou que desde o primeiro momento advertiu que si se publicaba o cambio de competencias e renunciaría a todo.
Javier Fernández defendeu o seu traballo na licitación dos centros socioculturais. Explica que os traballadores que percibían que se podían quedar sen emprego están todos traballando. Do mesmo xeito pensa que a concellería máis complicada é a de obras e que sen embargo están saíndo adiante todos os proxectos. Javier Fernández considera que en ambas as dúas concellerías estabase facendo un bo traballo.
Dous meses de prórroga
Unha hora despois de rematar a rolda de prensa de Javier Fernández deron outra Xosé Sánchez Bugallo e Sindo Guinarte. Cando se pregunta pola advertencia de Javier Fernández de que renunciaría a todo se lle quitaban as competencias o alcalde di que non é certo. Bugallo explica que Fernández o que pediu foron dous meses para que non parecera que o conflito laboral nos centros socioculturais era o motivo do cambio de competencias.
Engaden que se lle intentou convencer de que se quedara pero que, en calquera caso, el do que falara era de marchar para casa. A decisión de seguir na corporación tivo que producirse, segundo o alcalde, esta pasada fin de semana. Esa continuidade é o que se critica desde o goberno xa que o voto de Fernández non decidirá nada no pleno pero a continuidade impide que entre outra persoa da lista e, polo tanto, o grupo de goberno quedará cunha persoa menos para traballar
Ante a pregunta de si se sinte traizoado o alcalde explica que non quería que o cambio de competencias fora unha crítica a Fernández. A realidade é que o grupo consideraba que os centros socioculturais necesitaban un cambio que recuperara un bo ambiente de traballo. Ante esa prudencia, segundo Bugallo, no momento de explicar as motivacións do cambio de competencia a actitude de Fernández non foi leal
Cambios nas competencias do grupo de goberno
Os cambios nas competencias no grupo de goberno deixan en realidade unha configuración moito máis coherente. Gonzalo Muíños que ostentaba mobilidade asume a de obras, barrios e relacións veciñais. Muíños deixa a de festas en mas de Sindo Guinarte, que xa tiña turismo, e suma ademais protección civil e incendios.
Mercedes Rosón, como xa se sabía, asume centros socioculturais. Por outra banda Ruben Prol e Esther Pedrosa entran na Xunta de Goberno.