Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

XXI Curtocircuíto, falamos co seu director Pela del Álamo

Pela-del-Alamo-curtocircuito-slide-1-octubre-2024_0223_r

“Nos non vendemos obxectos cuantificables, nos o que facemos é xerar valor, pensamento, subxectividade, e iso non pode estar medido, licitado por tanto, que as farolas da rúa”

Compostela, 1 de outubro do 2024 – Comeza unha nova edición de Curtocircuíto, a vixésimo primeira e que durará ata o vindeiro domingo, coa vista posta no mar e as profundidades oceánicas.

A sesión inaugural de Curtocircuíto proxectará o filme  “Veinte mil leguas de viaje submarino” (Stuart Paton, 1916), musicado en directo pola formación efémera Submarina de Improvisación (Xavier Bértolo cos teclados e sintetizadores; Paulo Pascual ao theremin; e Saúl Puga no contrabaixo.

Durante as seis xornadas de Curtocircuíto, Santiago de Compostela gozará dunha escolma de 42 películas procedentes de 16 países, distribuídas en tres seccións (Cosmos, Planeta GZ, Supernova) que foron seleccionadas entre os máis de 2.000 títulos recibidos.

Deses filmes, 28 están dirixidos por mulleres, máis do 66 % do total. Presentarán as súas novas obras cineastas como Elena López Riera, Marina Lameiro, Gala Hernández, Sandra Schäfer ou Rainer Kohlberger.

O cinema galego mantén a súa ampla presenza na programación, catro das oito seccións de cinema están dedicadas a cinema galego: Planeta GZ, Supernova, Terra e Curtocircuíto x Cineclube de Compostela.

A Sección Oficial Cosmos propón unha heterodoxa selección de filmes que abarca desde cinema narrativo ata pezas abstractas, con numerosos ensaios fílmicos. Intégrana 25 pezas procedentes de países entre os que se contan Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bélxica, Países Baixos, Suíza, Austria, Xeorxia, Irán , Bangladesh, Filipinas, Corea do Sur, Andorra, Suíza e España.

Tedes toda a programación na web oficial de Curtocircuíto

Conversa con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Este ano o encargo de dirixir Curtocircuíto ten unha novidade, aínda que sexa o mesmo responsable: Pela del Álamo. A licitación, xa que se trata dun festival público impulsado polo concello de Santiago, contempla tres prórrogas o que supón catro anos de estabilidade.

Comezamos a falar con Pela, ao que entrevistamos hai dous anos, sobre si eses catro anos son un paso cara a enfocar, desde as institucións, a cultura e os festivais doutro xeito.

En conversas con distintos axentes culturais sempre xorde a cuestión da produtividade, do que supón a cultura para a cidadanía e para a cidade. Del Álamo ten claro que Curtocircuíto, e outros festivais, son un ben que xera impacto e beneficio en Compostela.

Curtocircuíto é un festival cunha parte de vangarda moi complexa. Preguntado polo que supón máis dificultade no deseño do festival, Pela Del Álamo ten claro que a sección Cosmos xa que á marxe da seleccións dos filmes está o seu encaixe temporal nos seis días do festival.

Non hai dúbida posible no que máis gratificante resulta para Pela. Ver as salas cheas é algo que supera o recoñecemento que o festival ten en toda Europa ou que cineastas que pasaron por aquí, antes que por outros sitios, hoxe estean colleitando éxitos.

Rematamos preguntando por unha das teimas que temos en Lindeiros. Incluímos dabondo, na promoción turística, toda a nosa programación cultural? Tiramos partido, como xetio de atraer turismo, da imaxe que festivais como Curtocircuíto teñen en todo o mundo?

Pela del Álamo, imaxe de Loli Fernández para Lindeiros, dereitos reservados

En calquera caso, que Compostela poda desfrutar cada ano de Curtocircuíto e un luxo para unha cidade do noso tamaño. Pela del Álamo é un dos programadores e directores con máis sentido común e vista ampla cos que un pode falar e o demostra en cada edición.

Desde Lindeiros agradecemos o bo trato que sempre recibimos desde a organización e os bos momentos que a programación nos proporciona, vémonos nas salas!!

Post navigation

Previous: A humanización do Milladoiro lémbralle ao goberno de Ames a súa minoría
Next: Brión brillou un ano máis en Santa Minia

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.