Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Conversa con Fernando Franjo, autor de “Aquí viviu, por aquí pasou”

Fernando-Franjo-slide-12-mayo-2025_0334_r

Compostela está chea de segredos, moitos á vista de todos. Fernando Franjo descóbrenos  en este libro parte de esa vila. O libro preséntase este martes, día 13, as sete da tarde no Museo do Pobo Galego.

O libro “Aquí viviu, por aquí pasou” do escritor e xornalista Fernando Franjo desvela a orixe de moitas de esas referencias coas que convivimos, en ocasións sen decatarnos delas. Un traballo de investigación pero tamén de preservación da historia de Compostela.

Fernando Franjo leva décadas de xornalismo ás costas pero nos últimos anos o seu traballo afonda na memoria de Compostela. Desde un repaso o que foi un café mítico na cidade en “Memorias do Café Derby (1929-2020)”; ata a coordinación de exposicións como “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas” sobre propostas arquitectónicas que nunca viron a luz; pasando polas visitas guiadas ao Café Casino, outro das iconas da cidade.

Volve a escoitar e ler as conversas que mantemos en Lindeiros no seguinte enlace

Franjo repasa agora os nomes presentes na cidade aínda que en moitos casos invisibles, falamos con el sobre o libro e sobre a cidade nunha das nosas conversas. Comezamos preguntando por esa faceta investigadora que sempre foi algo que lle gustou

Fernando Franjo ten unha palabra clara para falar de “Aquí viviu, por aquí pasou” descubrir. Un libro que descubrirá persoeiros e lugares aos lectores e aos veciños que pasan cada día a diario por prazas e rúas, por diante de estatuas nas que non reparan.

A pregunta aparece de forma natural, preparando un proxecto de este tipo o autor pode que tamén descubra cousas que nin el mesmo coñecía. O libro ten distintos puntos desde os que comezar a visitar eses lugares e preparando eses paseos Fernando Franjo foi ao mesmo tempo autor e futuro lector.

Compostela é unha cidade que ten unha historia por contar. Moitos dos protagonistas do libro tiveron unha importancia pouco coñecida, e pouco valorada, nos acontecementos da época polo que este libro de Fernando Franjo visibiliza esa memoria descoñecida da cidade.

O interesante dos libros que ven publicando Fernando Franjo lévanos a preguntar polo seu próximo volume, no que traballa na actualidade. Os amantes da historia da cidade poderán ternas súas mans unha referencia da exposición “Santiago proxectado”. Será unha oportunidade única para descubrir o que puido ser esta cidade e, as veces e visto desde a perspectiva actual, a tolemia que hai en algúns de eses proxectos.

Aos poucos, Fernando Franjo vai cos seus libros debuxando unha Compostela moito máis nosa, máis próxima aos que vivimos aquí e mesmo máis real. Non se trata só do que nos descobre, a escrita do xornalista transporta ao lector a un pobo moito máis humano e tranquilo do que hoxe é.

Sempre paga a pena estar pendente dos proxectos de Fernando Franjo xa que raro será que non atopemos algo que nos sorprenda, nos namore ou nos faga reflexionar. Non deixedes de seguilo se queredes saber máis de Compostela e a súa memoria, despois de todo o que somos como cidade e frito de esa lembranza.

O libro está coeditado polo Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny e preséntase, este martes 13 de maio, no Museo do Pobo Galego coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Post navigation

Previous: Tangos e milongas en Fonseca
Next: Que pasa no CEIP de Ventín en Ames?

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.