Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Conversa con José Antonio Liñares, voceiro da Unión Hotelera de Compostela

hoteleria-preocupacion-slide-14-outubro-2024_r

A Unión Hotelera minusvalora o informe da USC para o concello e di del que “as veces o que paga manda”.

A Unión Hotelera ven de presentar un recurso contra a taxa turística que pode retrasar a súa implantación. Falamos con José Antonio Liñares, o seu voceiro, sobre as razóns para este recurso e con que argumentos o defenden.

José Antonnio Liñares, voceiro da Unión Hoteleira de Compostela

Deixamos en primeiro lugar que expliquen porque xorde agora toda esta polémica cando se leva tanto tempo falando da taxa. Unha das razóns é un debate aberto dentro da propia Unión Hotelera, un debate que levou a encargar un informe propio sobre a propposta de taxa.

Sorprende que se rebata un informe universitario, o encargado polo concello para avaliar a taxa turística, con outro encargado a dous catedráticos da mesma universidade; O viceiro da Unión Hoteleira é moi claro sobre o estudo presentado polo concello “as veces o que paga manda”. Cren ademais que esperar ao 1 de xaneiro sería o mellor para todos.

Nun debate cada un dos que participa acode aos argumentos que máis o favorecen. En este caso preguntado polo feito de que outras vilas levan tempo aplicando a taxa sen problemas, José Antonio Liñares lembra que non se pode escoller Barcelona como exemplo cando a taxa de ocupación é un día máis que a de Santiago. A Unión Hotelera o que ten tamén moi claro é que “o relato o teñen perdido”, que a cidadanía  é favorable á implantación.

Algo repetido en este debate e que a veciñanza asumiu é que ninguén vai a deixar de vir a Compostela por ter que pagar un euro máis. José Antonio Liñares cre que pode ser así pero que para o hoteleiro, sobre todo para os máis pequenos, supón unha carga administrativa a maiores que terá que asumir.

A taxa turística será problema un exemplo mais de medidas que comezan con polémicas e acaban integradas. Liñares, voceiro da Unión Hoteleira, coincide con esta visión porque o viviu coa peatonalización pero reivindica o dereito a opoñerse e a protestar e, ao mesmo tempo, pide que se lles valore.

No fondo de todo isto está un debate sobre a Compostela do futuro. Un pode dubidar do destino dos cartos que se recaden, e poderanse poñer medidas para que sirvan para mellorar o coidado da cidade, pero está claro que o turismo necesita regulacións antes de que suceda o mesmo que en outras vilas que acabaron convertidas en museos ao aire libre ateigados de xente que deambula sen saber moi ben que están vendo.

O momento do debate é agora, cando se poden aínda implementar medidas. Os gobernos que veñan detrás terán que seguir xestionando o crecemento do turismo porque xa non é que Compostela estea de moda, e que toda Galicia parece terse convertido no lugar ao que todos queren vir e iso, antes ou despois afectaranos.

Post navigation

Previous: Maré inundará  Compostela do 24 ao 28
Next: Ames axuda a deixar de fumar

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.