займ срочно

Conversa con Gonzalo Muiños, voceiro socialista en Santiago

0

Compostela, 27 de setembro do 2023 – Lindeiros intentará en este mandato dar voz non só aos alcaldes, se non tamén aos concelleiros da oposición nos distintos municipios. En esa liña enmárcase esta conversa que mantiñamos hai unha semana co voceiro socialista en Compostela, Gonzalo Muíños.

Aínda que en este mandato non se lle concederon os cen días a case ningún alcalde, en Compostela, pese ao ruído, non mudaron moito as cousas. As posturas sobre a maioría dos temas, xa sexa Peleteiro a Casa da Xuventude ou o transporte, todo segue como antes dos comicios.

Aínda que tras as eleccións o ex alcalde Sánchez Bugallo dou a súa valoración dos resultados, é lóxico preguntar ao novo voceiro pola súa opinión. Muiños considera que son uns malos resultados e que o partido non soubo explicar o traballo realizado no mandato.

A marcha de Bugallo evidenciou unha situación interna, con dúas almas, no partido socialista de Compostela. Para os máis críticos a elección de Gonzalo Muíños abre unha liña continuista que non acaba de ser vista con bos ollos. Muíños recoñece que no partidos sempre existiron moitas sensibilidades pero que a súa elección como voceiro e consecuencia dunha unidade absoluta.

Sobre a non entrada no goberno de Goretti Sanmartín, Gonzalo Muíños recoñece que a liña marcada desde a dirección do partido pesou moito e que a situación política aconsellaba quedarse fora da coalición

Estes primeiros meses do mandato estiveron cheos de ruído mediático. Que a alcaldesa non acudira á ofrenda ao Apóstolo non por esperada provocou menos críticas. Gonzalo Muíños fala de ser unha oposición construtiva pero, en ese caso, non se trataba diso.

Preguntamos si se trata dun ruído excesivo tendo en conta que sucedeu o mesmo con Martiño Noriega e aquilo, co tempo, quedou en nada. Muíños considera que a diferencia é que Noriega non fixo un acto paralelo á ofrenda.

En canto aos temas de actualidade comezamos preguntado pola parcela de Peleteiro e o voceiro socialista carga as tintas contra Compostela Aberta e o Partido Popular polo non apoio ao remate do anterior mandato

Outro dos temas que quedaron sobre a mesa é o do contrato do transporte. Gonzalo Muíños recoñece que se trata dunha espina que ten clavada.

Despois de realizar a entrevista xurdiu de novo toda a polémica en torno a Casa da Xuventude, é un máis dos moitos asuntos que están sobre a mesa. A taxa turística e a xestión do turismo; o contrato da auga, os novos carrís bici ou a colaboración con concellos limítrofes… todo mesturado cunhas eleccións autonómicas no horizonte.

Un panorama que enche o camiño do novo voceiro socialista de traballo e tomas de posición, e iso sen contar con que está pendente a elección do novo secretario xeral do Psoe local. Non cabe dúbida de que Gonzalo Muíños non terá tempo de aburrirse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies