Compostela, 3 de marzo do 2023 – Unha das acepcións de protocolo no dicionario da RAG é “Conxunto de regras que hai que gardar nunha cerimonia” pero tras ese nome hai un traballo moito máis amplo.
Santiago de Compostela é un lugar por onde pasan desde Premios Nobel ata Reis, pasando por Ministros, Xefes de Goberno e Presidentes de Comunidades Autónomas. Si hai sitios onde o Protocolo é necesario, este é un deles.

Antes de decidir como teñen que colocarse nunha mesa ou para unha foto hai un esforzo de organización do que falamos con Ana Garrido, Xefa de protocolo do concello de Santiago, o seu traballo é un xeito de comunicar e os actos ben organizados dan sempre unha boa imaxe.
Implícito en esa organización dun acto, vai a relación cos responsables das outras administracións ou gabinetes. O anfitrión ten que procurar que todo saia ben pero tamén que todo o mundo quede contento.


Hai dous profesionais que sempre andan polo medio cando se trata de actos públicos. Por un lado están os corpos de seguridade e por outro os xornalistas. De este últimos encargase o departamento de prensa do concello pero Ana recoñece que traballan coordinados. No caso da seguridade a información sobre os accesos é unha das partes importantes de calquera evento.

Ana Garrido garda con especial cariño a reunión do Real Padroado. Supuxo un auténtico esforzo xa que tivo que organizarse en apenas unha semana pero o resultado foi satisfactorio para todo o mundo e en especial para ela, tanto no ámbito profesional como no persoal.
Garrido recoñece que por aquí pasa tanta xente de tantos tipos que é difícil que algo lle sorprenda. Presume de ter falado con varios Premios Nobel, algo que non todo o mundo pode dicir. Ao longo do ano reciben moitísimas peticións de todo tipo aínda que lembra que unha que si que a deixou un pouco descolocada


Ana Garrido é ante todo unha profesional. Pese a súa xuventude ten unha ampla experiencia, unha virtude que si é importante en calquera traballo moito máis en este. Un pode vela nos actos concentrada e atenta a todo o que sucede. Cando todo pasa volve a ser unha persoa agradable coa que un desfruta conversando.
A Xefa de Protocolo de Santiago de Compostela realiza un de eses traballos pouco valorados ata que o coñeces e te das conta que tras os decorados hai unha máquina ben engraxada sen a que nada funcionaría.
