займ срочно

Compostela contra o racismo

0

Compostela, 16 de setembro do 2022 – O concello de Santiago presenta unha campaña de sensibilización co lema “Compostela contra o racismo”.

A campaña foi presentada pola Concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañada pola traballadora social da Unidade de Atención ás Migracións, UAMi, Inma Peleteiro. “Compostela contra o racismo” márcase como obxectivo chamar a atención sobre as razóns que nos levan á discriminación racial e outras formas de intolerancia.

Trátase de falar de discriminación. De explicar o que pasa para que deixe de ser unha realidade unha vez que se coñecen os matices de pensamento arraigados na sociedade. Son ideas que se incorporan de maneira inconsciente e, por tanto, difíciles de observar en situacións cotiás.

“Rompe coas etiquetas” é o eixo creativo desta campaña. A concelleira Mila Castro recordou que “a día de hoxe a discriminación racial segue impedindo o desenvolvemento de millóns de persoas no mundo”, e no caso de Santiago, a pesares de ser una “cidade aberta, multicultural, na que conviven en harmonía distintos perfís raciais, non podemos negar unha realidade aínda existente, como é a presenza de determinados tópicos ou condutas racistas”.

MIla Castro engade que “lanzamos esta campaña que nace co fin de convidar a reflexionar á cidadanía sobre as etiquetas que poñemos ás persoas pola súa razón étnica ou racial, e que nos leva a discriminalos sen coñecelos, e así visibilizar as diferenzas que facemos á hora de tratar ás persoas migrantes no día a día”.

Contido da campaña

A campaña combina a presenza en redes sociais e a pé de rúa, con mupis e carteis a reflexionar sobre o racismo. Móstranse 8 persoas caracterizadas con tópicos asociados á súa raza ou etnia, portando unha “etiqueta” e unha mensaxe a modo de pregunta.

A nivel gráfico, introducíronse elementos amplamente recoñecibles, como son as “etiquetas de roupa” e as mensaxes que vemos a diario nos teléfonos.

Compostela contra o racismo convida a reflexionar sobre  “etiquetas” como  “Sudaca” ou “Panchito” para referirse ás persoas de orixe Latino; “Negrata” ou “Negrita”, para falar das persoas negras; Mena referíndose aos Menores Estranxeiros Non Acompañados como algo despectivo ou “Mora” e “Moro”, para referirse a toda persoa do norte de África ou persoas musulmás.

A estes perfís asóciaselle preguntas como  Permitirías que unha “mora” fose a túa avogada? Confiaríaslle a educación dos teus fillos/as a un “panchito”? Permitirías que un “moro” compartise piso contigo? Aceptarías que unha “negrita” fose a muller de teu pai? Permitirías que unha moza “mena” coidara aos teus fillos/as? Confiaríaslle a túa saúde a un “negrata? Confiarías en que unha “sudaca” fose a arquitecta da túa casa? Ou permitirías que un rapaz “mena” fose o mozo do teu fillo/a?

UAMI

A UAMI, oficina municipal encargada facilitar a inclusión social e laboral das persoas en situación de vulnerabilidade, promotora desta iniciativa, recalca a importancia deste tipo de campañas e pon de manifesto un realidade, aínda moi presente na nosa sociedade, como é a clasificación das persoas por razón de raza.

Así mesmo, esta campaña pretende fomentar o desenvolvemento de programas que promovan a integración das persoas inmigrantes na nosa sociedade; e daqueles que fomenten os valores de tolerancia, respecto á diferenza e convivencia intercultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies