Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Polígono da Sionlla terá unha entidade de conservación

comisiion conservacion a sionlla 17 xullo 2025

Acordo Para Aprobar Os Estatutos e Constituír a Entidade de Conservación Do Polígono Da Sionlla

Nunha reunión cos empresarios do Polígono da Sionlla acadouse un acordo para que o Concello aprobe os estatutos da entidade urbanística de conservación e esta poida ser constituída formalmente.

Un encontro entre responsables do concello de Santiago e empresarios do Polígono da Sionlla dou un paso cara unha entidade de conservación da área industrial e comercial. Por parte do goberno municipal participaron o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, e o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, acompañados das directoras de área de Urbanismo e de Obras e Servizos Básicos, da xefa de sección de Xestión Urbanística e do xefe de servizo de Obras e Proxectos.

O polígono da Sionlla permanece sen a figura da entidade urbanística de conservación dende a recepción da obras no ano 2015, pese a que este organismo é obrigatorio de acordo co previsto no proxecto sectorial da Sionlla aprobado pola Xunta de Galicia en 2007.

O Concello escoitou as inquedanzas dos propietarios e explicou o marco legal e as actuacións que lle corresponden á administración local. 

Como primeira medida o concello xa levaba unha proposta de estatutos que está na súa fase final de tramitación e que, como trasladou no encontro o concelleiro , está previsto que se aprobe nos vindeiros meses. Unha vez aprobados os estatutos, constituirase a entidade de conservación.

Paralelamente, os empresarios propietarios comprometéronse a aportar en breve unha diagnose orzamentada do estado actual de conservación do polígono e do que suporía as súa posta a punto. Segundo trasladaron no encontro, este documento está xa avanzado. Así as cousas, todas as partes, incluída Xestur acordaron volver reunirse para avaliar esta diagnose.

Na acta de recepción das obras de urbanización, asinada polo Concello de Santiago e por Xestur en abril de 2015, establécese o seguinte: “A recepción das obras determina a asunción pola entidade de conservación do parque empresarial da Sionlla do deber de conservación da urbanización, quedando en tanto non se constitúa, Xestión do Solo de Galicia Xestur S.A. como responsable da conservación da urbanización”.

Na súa condición de promotora da urbanización, Xestur asumiu o deber de conservala mentres non se constituíse a entidade de conservación. Non obstante, o Concello de Santiago vén asumindo, dende hai anos, a prestación dos servizos de alumeado público, saneamento e abastecemento de auga, limpeza viaria e recollida de residuos. O mantemento das luminarias, zonas verdes e mobiliario urbano realizouse por Xestur ata xuño de 2022, data en que decidiu deixar de facelo.

Post navigation

Previous: Apóstolo, o Santiaguiño e tamén Ames en Festas
Next: O Ministerio de Cultura apoiará a rehabilitación da Casa de Rosalía

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.