займ срочно

Compostela xa ten un Consello Municipal de Persoas Maiores

0

Compostela, 27 de xaneiro do 2022 – O concello de Santiago ven de poñer en marcha o Consello Municipal de Persoas Maiores.

Este órgano nace co obxectivo de garantir a presenza dos maiores na vida da cidade. O Consello formulará propostas, servir de medio consultivo e colaborará en todo o relacionado con este sector de poboación coa administración local.

A sesión constitutiva tivo lugar no Pazo de Raxoi coa presidencia do alcalde, Xosé S. Bugallo. O Consello conta polo momento con once vocais procedentes de entidades, asociacións e grupos políticos, pero está aberto a novos participantes.

Máis de 65 anos

Tras a constitución formal o rexedor salientou que se trata “dunha oportunidade para dar voz e protagonismo a unha parte moi importante da sociedade”. Sánchez Bugallo recordou que “máis do 20% dos cidadáns de Santiago e do 30% en Galicia teñen máis de 65 anos”, o que implica “mirar o tema do envellecemento dunha forma completamente diferente a como se facía hai 30 ou 40 anos”, e facer que este sector da poboación sexa “activo e en certo sentido productivo para a sociedade”.

O Concello de Santiago de Compostela aprobou no Pleno de 30 de Setembro de 2021 o Regulamento do Consello de Maiores de Santiago de Compostela, co obxectivo de impulsar iniciativas orientadas de cara a un envellecemento activo co fin de mellorar a vida das persoas.

Con esta intención nace esta nova iniciativa que, impulsada pola Plataforma de Pensionistas de Santiago de Compostela, busca crear un espazo para o exercicio da democracia activa e como canle de comunicación entre os maiores de 65 anos e a administración local, que posibilite a súa plena participación na vida cidadá, política, económica, social e cultural.

Poderán formar parte da Consello todas aquelas entidades que o soliciten xa que a participación é aberta. Polo momento, forman parte deste órgano como vocais as seguintes entidades: Plataforma de Pensionistas de Compostela, Asociación Compostela Solidaria, Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (ALCER coruña), Fundación Down Compostela, Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA), UGT e os Grupos Políticos Compostela Aberta, Grupo Popular de Santiago, PSOE e BNG.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies