Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

As bicicletas convidan a reflexionar

usc bicicletas SLIDE 10 xunho 2025

Compostela será epicentro da reflexión arredor da bicicleta como forma de mobilidade sostible na contorna urbana da man do congreso ibérico “A bicicleta e a cidade”.

A Universidade de Santiago, a USC, participa na organización do congreso ibérico “A bicicleta e a cidade” que se desenvolverá en Compostela do 26 ao 29 de xuño. A mobilidade sostible na contorna urbana é o eixo sobre o que pivota este foro que chega xa á súa vixésimo primeira edición.

A participación neste espazo de análise e reflexión engádese ás iniciativas que a Universidade de Santiago de Compostela está a impulsar en materia de mobilidade alternativa.

O  delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, dará conta no congreso dos resultados do programa piloto de préstamo éBiCi co que se creou unha frota de bicicletas propia e no que, mediante sinalización específica, se trazou un percorrido que conecta os campus da cidade mediante unha vía de convivencia para bicicletas e outros vehículos.

O piloto serviu para testar o funcionamento do sistema, a intensidade de uso das bicicletas, a duración e distancia dos percorridos empregados, cales son os puntos de recollida máis demandados e mesmo a validez das bicicletas adquiridas coa intención de adaptar a oferta real do servizo ao que demande a comunidade universitaria. 

A valoración do programa resultou moi positiva ou positiva entre máis do 96% das persoas usuarias e, tal e como destaca Javier Rico, “a ampla demanda e satisfacción deste servizo evidencia a necesidade de amplialo para o que resulta indispensable a colaboración institucional” xa que na actualidade está a ser sufragado pola USC na súa totalidade.

Nesta mesma liña dos hábitos de vida saudables, a USC sumábase en 2023 ao proxecto Cycling with Clean Air para avaliar a calidade do aire en tempo real a través da medición de partículas PM2,5. En colaboración coa asociación Composcleta, un grupo de persoas voluntarias puideron utilizar un medidor Airbeam3 para o rexistro de datos mentres se viaxa en bicicleta.  

Agora, a través da participación neste congreso da Coordinadora Nacional en España (ConBici) e a Federación Portuguesa de Cicloturismo e Utilizadores da Bicicleta (FPCUB) a USC impulsará a análise de todas as liñas de traballo sobre a bicicleta como ferramenta de transformación do entorno urbano: formación e promoción, infraestrutura, lexislación, cicloturismo, saúde, mobilidade e equidade. O Congreso está organizado por ConBici e a Asociación Composcleta co apoio da USC, Concello de Santiago de Compostela e Xunta de Galicia.

Programa

No congreso participarán representantes das máis representativas entidades españolas e europeas no ámbito da mobilidade sustentable, tales como Red de Ciudades por la Bicicleta, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, RENFE, Centro de Coordinación Eurovelo España, Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, CEREMA (Francia), Red Europea Clean Cities, European Cyclist Federation (ECF) xunto con especialistas de diferentes nacionalidades como Holanda ou Dinamarca.

A sede principal do congreso será o Auditorio de Galicia xunto coa Facultade de Filoloxía. Estudantado da USC e residentes en Santiago gozarán de descontos no procedemento da inscrición.   

Post navigation

Previous: Xunta de Goberno “urbanística” en Compostela
Next: A Real Filharmonía visita os barrios de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.