Compostela, 22 de novembro do 2024 – A Asociación de Amigos dá Ópera de Santiago de Compostela ven de presentar o VII Concurso de Canto Compostela Lírica que bate récords de participación.
En este ano preséntanse 85 cantantes orixinarios de 24 países diferentes, a cifra máis alta acadada nos sete anos de concurso. Con esta cifra, o certame Compostela Lírica continúa a senda de firme consolidación no circuíto de concursos de canto lírico a nivel internacional.
O VII Concurso de Canto Compostela Lírica está organizado pola Asociación de Amigos dá Ópera de Santiago de Compostela en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, o Consello da Cultura Galega e a Fundación José Otero-Carmela Martínez,
Presenza internacional
Da Unión Europea o concurso conta con cantantes de Irlanda, Francia, Portugal, Grecia, Alemaña, Países Baixos e España, que achega o grupo máis numeroso, 45 (oito deles galegos). Do resto de Europa, inscribíronse solistas de Serbia, Suíza, Reino Unido e Ucraína; desde Iberoamérica, concorren voces de Colombia, Venezuela, Chile, Porto Rico, Brasil, Paraguai e México.
Completan a lista de nacionalidades presentes nesta sétima edición Rusia, Georxia, Estados Unidos, Corea e China. De todos os inscritos, o xurado escollerá os 30 finalistas que actuarán os días 6 e 7 de decembro, no Auditorio de Galicia.
O xurado
O xurado escollerá os gañadores do catro galardoes. O primeiro premio está dotado con 4.000 euros e con tres actuacións remuneradas coa Real Filharmonía de Galicia, no Festival Lles Musicais du Luberon e durante a tempada da Ópera de Oviedo. O segundo premio conta con 2.000 euros e recital remunerado en Santiago de Compostela. O terceiro será de 1.000 euros. Ademais, as voces galegas competirán a maiores polo Diploma Andrés Gaos, que vén acompañado cun recital remunerado dentro das actividades do @Consello da Cultura Galega.
Este xurado estará integrado polo crítico Arturo Reverter, que actuará de presidente; Patrick Canac, presidente de Lles Musicais de Luberon; Aquiles Machado, director artístico da Ópera da Coruña; Elisabete Matogueiras, directora artística do Teatro San Carlos de Lisboa entre 2019 e 2023; Graziela Valceva Fierro, mezzosoprano e profesora de Canto; Celestino Varela, director artístico da Ópera de Oviedo e Maciej Pikulski, pianista.
O concurso desenvolverase como é habitual en dúas sesións, abertas ambas as ao público xeral. A primeira celebrarase na tarde do venres 7 de decembro, na que cantarán os 30 seminifinalistas. Entre todos eles, 10 serán os escollidos para actuar no último e definitivo pase, que terá lugar o sábado 7, día en que coñeceremos o catro voces premiadas.