займ срочно

Un concerto para nostálxicos con Robbie Williams de protagonista

0

Compostela, 20 de decembro do 2022 – O 8 de xullo do 2023 Robbie Willians actuará no Monte do Gozo nun concerto que se presenta como unha cita ineludible para os máis nostálxicos.

Robbie Willians xa supón unha volta ao pasado se pensamos que comezou con ‘Take That’ e os anos que leva; pero ademais diso o cartel o pechan Os Hombres G e Ivan Ferreiro, ex Piratas. Todo un canto aos oitenta e noventa do século pasado. O DJ Martin Garrix é a única concesión á modernidade.

By Jacqueline Sanfilippo – Own work, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2124101

Hoxe, as doce do mediodía, comeza prevenda de entradas para o que será un dos concertos do vindeiro ano en Compostela e  noroeste peninsular. Robbie Willians chega despois de publicar o pasado setembro XXV, un disco que marca as vodas de prata da súa carreira. En este tempo conseguiu levar trece discos ao primeiro posto das listas británicas ou vender nun só día 1,6 millóns de entradas para os seus concertos.

Os Hombres G están coa xira corenta aniversario. O de Compostela é o único concerto no que comparten escenario con outros artistas. A xira os levará tamén a latinoamérica,  Estados unidos e canada. Na actualidade seguen sendo dos máis escoitados nas plataformas con máis de oito millóns de seguidores.

Pola súa banda Iván Ferreiro publicará novo disco a principios do 2023, no mes de marzo. ‘En el alambre’ é o primeiro adianto de ese disco e foi publicado o pasado venres. Coma sempre as letras teñen unha importancia fundamental no traballo do músico galego.

A nota discordante pero non menos interesante a pon o DJ Martin Garrix. Un home que con 26 anos leva xa seis de carreira con DJ e produtor desde que sacará “animals” no ano 2013. O Monte do Gozo converterase de novo nunha discoteca coa súa sesión como xa suceda no último Son do Camiño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies