Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Requinta da Laxeira e a Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla darán un concerto en Compostela

vedra-concerto-requinta-en-santiago-slide-2-decembro-2024_r

Compostela, 2 de decembro do 2024 – A Requinta da Laxeira e a Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla darán un concerto para seiscentas persoas no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.

A cita coa música do Ulla será o vindeiro 14 de decembro, ás 19:30 horas. Unha iniciativa que presentaron o alcalde de Vedra, Carlos Martínez; o director da EM de Santa Cruz de Ribadulla, Fernando Rey; e Xerardo Albela, integrante de A Requinta da Laxeira, nun acto celebrado nas Destilerías Pepe Albela en Vedra.

Fernando Rey explicou que “será un concerto moi especial no que faremos unha viaxe pola música tradicional galega xunto cos compañeiros da Requinta Laxeira”. Engadiu que o concerto supón retomar un ilusionante proxecto previsto para maio do 2020, pero que tivo que ser suspendido pola pandemia sanitaria.

Xerardo Albela apuntou que “Para nós é tamén un pouco pechar o ciclo deste instrumento, que é a requinta e particularmente das formacións que tocaban a requinta, porque gran parte do seu repertorio procedía de bandas de música como Ribeira Vella ou a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla. E agora é a Requinta da Laxeira quen lle pasa repertorio á banda de música para que lle dean nova vida”,

Poñer Vedra no mapa

Pola súa banda, o alcalde de Vedra felicitou aos integrantes da Requinta da Laxeira e da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, “dous dos motores culturais do concello” que coas súas variadas iniciativas culturais “conseguen poñer Vedra no mapa”.

Martínez Carillo salientou que a Escola de Música “é o mellor obradoiro de emprego de Vedra”, poñendo en valor a gran cantidade de músicos profesionais que xurdiron desta agrupación.

Carlos Martínez aproveitou para indicar que as 600 prazas de Santiago de Compostela non van ser suficientes para acoller un concerto deste nivel, ademais de sinalar que haberá moitos veciños e veciñas de Vedra que non poidan desprazarse a Compostela ou aos que esa xornada non lles vaia ben, polo que anunciou que “haberá que organizar un par de actuacións máis en Vedra”.

No concerto do vindeiro 14 de decembro participarán un total de 67 músicos: os doce integrantes da Requinta da Laxeira, de idades comprendidas entre os 18 e os 45 anos; e os 55 músicos da EM de Santa Cruz de Ribadulla, de entre 8 e 16 anos de idade.

A asistencia ao concerto será totalmente de balde, previa invitación por parte de las dos entidades organizadoras. A maiores haberá un número de localidades reservadas ao público en xeral, que se poderán solicitar a través das Redes Sociais de A Requinta da Laxeira e a Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla. Unhas entradas que poderán recollerse no auditorio Abanca de Santiago o propio 14 de decembro, unha hora antes da actuación.

Ao acto de presentación, celebrado na Destilería de Pepe Albela en San Miguel de Sarandóns (Vedra), asistiron tamén Diana Varela, concelleira de Cultura de Vedra; Pablo Chenlo, presidente da Asociación Cultural San Campio; Juan Castro, presidente da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla; e  numerosos integrantes das dúas entidades culturais.

Post navigation

Previous: Val do Dubra volve a manifestar en contra do vertedoiro de Niveiro
Next: O Delegado do Goberno e o alcalde de Oroso planifican melloras para o concello

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.