Compostela, 18 de setembro do 2019 – O sábado 28 en Compostela organízase unha visita guiada, sobre a temática dos templarios, a beneficio de Nico contra o cancro infantil.
A iniciativa parte do guía turístico Juan Segade. Cos templarios como telón de fondo falarase tamén da Santa Inquisición, o pasado romano de Compostela, a simboloxía, etc . Este evento celébrase con motivo do Día Internacional do Turismo, 27 de setembro.
A visita comezará as catro da tarde nos soportais da Casa dá Conga na praza da Quintana. O itinerario percorrerá a Casa dá Conga, A Quintana, o Convento de San Paio de Antealtares, aPraza da Inmaculada, a Praza de Cervantes, a Iglesia de Santa María do Camiño, o Mercado de Abastos, a Praza de Mazarelos para rematar na Colexiata de Sar sobre as seis e cuarto da tarde. As colaboracións económicas recolleranse ao final da visita e hai unha fila cero na Caixa: ES59 2100 3887 0502 0005 e unha dirección de correo para máis información contacto@nicocontraelcancerinfantil.es.
Organización, Información y Reservas
Juan Segade 678894867 compostours@gmail.com
Nico contra o cancro infantil
Nico contra o cancro infantil é unha organización se ánimo de lucro que recada fondos para investigar os problemas do Neuroblastoma. Nico é un rapaz de Ourense ao que con 9 meses diagnosticáronlle esta enfermidade que afecta ao 7% dos nenos con cancro infantil. Trátase dun tumor sólido pediátrico que se caracteriza polo crecemento descontrolado de células nerviosas cancerosas.
