Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os traballadores de Urbaser denuncian de novo o mal funcionamento do servizo

O Comité de empresa de Urbaser reclama medidas ao concello ante o mal funcionamento do servizo.e ameaza con accións.
silleda urbaser comeza xestion lixo slide 2 febreiro do 2017_r

Compostela, 20 de febreiro do 2023 – O Comité de empresa de Urbaser, concesionaria da recollida de lixo en Compostela, reclama medidas ao concello ante o mal funcionamento do servizo.

Os representantes dos traballadores de Urbaser denuncian que pasaron dez meses desde a adxudicación do novo contrato. Un período no aseguran que “o servizo vai a peor”. O Comité explica que a empresa segue sen cubrir as baixas dos laborais e sen se renovar a maquinaria.

Estas dúas deficiencias supoñen, segundo o Comité, que “40.000 as toneladas de lixo pasaron por unha maquinaria máis que envellecida. A empresa  está usando camións  doutras contratas que non compren coas medidas de seguridade”.

O Comité denuncia ademais unha subcontratación do servizo “quita e pon”. Aseguran que esta práctica xa era común en Urbaser e agora “acaba de subcontratalo a outra empresa empeorando as condicións das persoas traballadoras que prestan ese servizo”. Os representantes laborais lembran que “non se poden subcontratar servizos dentro dun mesmo servizo buscando con iso o aumento dos beneficios empresariais a conta de empeorar as condicións do persoal”.

Xunto a isto, denuncian o incumprimento do convenio. Neste sentido, explica que a concesionaria “pretende contratar persoal  a tempo parcial para realizar os servizos de domingos precarizando aínda máis as condicións do persoal”. Unha situación fronte a que afirma que a empresa “ten que contratar máis xente a xornada completa para poder atender eses traballos e así cubrir as baixas e libranzas dos compañeiros e compañeiras”.

Un servizo auditado mensualmente

Desde o concello o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recoñece que hai material novo que aínda non chegou pero lembra que se trata dun servizo que está sendo auditado constantemente e que se emiten informes mensuais.

Desde o Comité advírtese de que se non se corrixe a situación “iniciarán mobilizacións nas vindeiras datas, tanto para denunciar publicamente o empeoramento do servizo, como as condicións laborais do persoal que traballa para este servizo e as novas subcontratacións realizadas pola empresa Urbaser”. O comité non descarta mesmo ir á folga no mes de maio, se a situación persiste.

Post navigation

Previous: O xogo “Ti es a chave da primavera” celebra o Día Internacinal da Lingua Materna
Next: Eleccións 23: o BNG de Ames presenta a David Santomil e renuncia Patricia Castelao que se ía presentar en Teo

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.