Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Este xoves comeza Santiago(é)Tapas

Santiago(é)Tapas comeza este xoves en Compostela con 40 locais participantes e 61 tapas que se poderán degustar ata o 3 de marzo.
santiago-e-tapas-primeiras-probas-slide-18-xaneiro-2024-(1)_r

Compostela, 14 de febreiro do 2024 – Santiago(é)Tapas comeza este xoves en Compostela con 40 locais participantes e 61 tapas que se poderán degustar ata o 3 de marzo.

Santiago(é)tapas celébrase este ano por primeira vez no mes de febreiro, logo de que a Asociación Hostelería Compostela solicitase a Turismo de Santiago o cambio de datas. Os bares e restaurantes teñen agora unha actividade en novembro que confirma a desestacionalización do turismo na cidade.

O cambio de datas recibiu o apoio dos negocios de hostalería xa que o número de locais participantes e maior que que na edición de novembro de 2022 e pasan de 36 a 40. En total, poderanse degustar 61 tapas, 29 creativas e 32 tradicionais, nos 40 locais distribuídos en 5 rutas ou (é)tapas diferentes.

Dende Turismo de Santiago estase facendo un esforzo especial para ofrecer máis e mellores agasallos ás persoas que cubran algunha ruta do concurso co obxectivo de incentivar a participación nun mes de plena tempada baixa. Así, ofreceranse máis de 200 agasallos para aquelas persoas que cubran algunha das rutas definidas no Tapasporte.

Entre os agasallos inclúense produtos gastronómicos, como Piedras de Santiago; botellas de viño, queixos, meles e packs de produtos gastronómicos; entradas para espectáculos, festivais e o Museo da Cervexa (Mega); masaxes e agasallos de saúde e benestar; noites de hotel; ceas e xantares “experiencia” e abonos para o Obradoiro CAB. Mesmo exemplares asinados do libro “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales, no que Santiago de Compostela e os seus establecementos de restauración teñen unha destacada presenza. Todos os agasallos e as rutas que é preciso facer para conseguilos poden consultarse en santiagoetapas.gal.

O Tapasporte, que nesta edición recupera o seu formato de libriño, recolle toda a información das tapas e dos bares e restaurantes do concurso, e sirve ademais para selar as rutas que se van completando e que dan dereito a recibir os agasallos. Os Tapasportes poden recollerse na Oficina de Turismo, na rúa do Vilar, en horario de 10.00 a 18.00 h, na sede da Asociación Hostelería Compostela e nos establecementos participantes.

Ademais, este ano haberá tres rutas especiais: unha sen glute, na que se inclúen 19 petiscos; outra vexetariana con 11 propostas; e unha doce, novidade desta edición, composta por 15 tapas.

O concurso, organizado por Turismo de Santiago, en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela, conta co apoio da Deputación da Coruña, o patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario, entre outras empresas e entidades.

Post navigation

Previous: O Entroido conquistou Compostela
Next: Primeiros pasos para a rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel en Compostela

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.