Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Comercios en apoio da solidariedade en Compostela

“12 comercios, 12 sensibilidades” une en Compostela a comercios da cidade con proxectos solidarios que traballan desde Santiago.
compostela-comercios-solidarios-slide-11-xaneiro-2024_r

Compostela, 11 de xaneiro do 2024 – “12 comercios, 12 sensibilidades” une en Compostela a comercios da cidade con proxectos solidarios que traballan desde Santiago.

A iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos comercios de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” foi presentada no concello de Santiago. Xunato a concelleira María Rozas participou a coordinadora do proxecto, Carmen Díaz. Rozas dixo que a iniciativa “fainos sentir orgullo polo noso tecido comercial, que nos ratifica en que os pequenos establecementos son os que contribúen a facer cidade, e que demostra a súa vocación social e innovadora”.

Pola súa banda, Carmen Díaz puxo en valor a colaboración entre as doce comerciantes, todas mulleres, que xurdiu a partir dun curso de formación no que participaron todas elas. Tal e como explicou, cada comerciante elixiu a entidade solidaria coa que se sentía máis identificada “para difundir o seu traballo e establecer vías de cooperación”.

A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charlas ou obradoiros. Os once comercios restantes informarán da causa, para darlle máis visibilidade e favorecer o fluxo de clientela.

O programa comeza neste mes coa tenda online de artesanía e antigüidades Águila Atlántica, que dará a coñecer o traballo da Fundación Pictoaplicaciones, un proxecto solidario do Grupo Promedia orientado a persoas con Trastorno do Espectro Autista ou con outro tipo de trastornos na comunicación e linguaxe oral.

Post navigation

Previous: Pellets: máis emerxencia pero sen coordinación
Next: A aseguradora está falando cos concellos para encargarse da limpeza dos pellets

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.