Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Reportaxes
  • Xeral

Club de debate Compostela, xerando espírito crítico

O Club de Debate Compostela, integrado na USC, organizou esta fin de semana o BP Compostela, a quinta edición do seu torneo nacional.
cdc-v-torneo-nacional-slide-normal-20-marzo-2023-(5)_r

Compostela, 20 de marzo do 2023 – O Club de Debate Compostela, integrado na USC, organizou esta fin de semana o BP Compostela, a quinta edición do seu torneo nacional.

As finais do torneo celebráronse no Paraninfo da Universidade

O Club de Debate Compostela leva máis de dez anos organizando este tipo de torneos pero son moito máis que una asociación de estudantes. Chegaron a participar nun campionato mundial no 2016, o CMUDE; forman aos novos universitarios no feito de confrontar ideas, organizan ligas internas, eventos de tipo social e colaboran en distintas causas.

Noel Suárez

Falamos co seu presidente, Noel Suárez, antes da final de “novatos”. Explícanos a parte máis técnica do club, as modalidades de debate e como funciona o CDC

Moitos dos políticos que están de actualidade pasaron por clubs de debate nas súas épocas universitarias. Isto ten, como todo, dúas caras; pódese aprender a buscar argumentos e mesmo entender os da oposición pero tamén pódese buscar tan só convencer ao que escoita

Preguntamos a Noel polas súas preferencia á hora de debater. Fálanos da importancia de tocar todos os temas, do que supón ter que buscar argumentos sobre temáticas moi diversas e do que se aprende diso e pon un exemplo moi curioso

O Club de Debate Compostela é sobre todo educación. Máis alá de ensinar oratoria, o CDC da aos estudantes espírito crítico, algo que votamos moi en falta na sociedade actual

Posiblemente o CDC sexa unha das xoias máis agochadas da Universidade de Santiago. Miman aos novatos que chegan e os tutelan con veteranos que os asesoran e apoian. Xeran relacións sociais entre estudantes que, en moitos casos, non encaixan do perfil máis “festeiro” por dicilo de algún xeito. Ensinan a ver a vida desde distintos ángulos e iso, nun contexto como o actual, é algo imprescindible.

O Club de Debate Compostela é unha peza moi importante da educación dos seus socios, aínda cando eles non sexan plenamente conscientes. Unha grata sorpresa dentro do endogámico e complexo mundo universitario.

Post navigation

Previous: O Parlamento non consegue despexar as dúbidas sobre o parque eólico de Vilartoxo
Next: 2.000 persoas na IX Festa da Filloa de Abellá

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.