Curtocircuíto clausura a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios. O xurado novo premia o filme Portales, de Elena Duque

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto clausura a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios dos xurados. A gala, conducida por Nuno Pico (Grande Amore, Oh Ayatollah) pon fin a seis días de cinema, música, encontros e sesións especiais.
A gala de Curtocircuíto contou coa presenza da alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; a concelleira de Xuventude, María Rozas; o director do festival, Pela del Álamo; así como representantes da corporación municipal e das entidades colaboradoras desta edición.
Os diferentes xurados oficiais de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cinema decidiron outorgar os seguintes premios:

Premio Cosmos á mellor película: Quando a terra foge, de Frederico Lobo
Mención especial: The man who could not remain silent, de Nebojša Slijepcevic
Premio Cosmos á película máis innovadora: Portales, de Elena Duque
Premio Supernova: Pupa, de Antía Carreira
Mención especial: Delirio Sketchs, de Bea Saiáns
Premio Planeta GZ: Furada negra, de Berio Molina
Premio do Xurado Novo: Portales, de Elena Duque
Mención especial: El cuento de una noche de verano, de María Herrera
Premio do Público: El cuento de una noche de verano, de María Herrera
Laia Abril, Brais Revaldería, Guillermo Galoe, Oliver Laxe e Kandgding Ray foron os protagonistas das sesión especiais do festival. Martin Messier, Oliver Laxe, Kangding Ray, ou Amelie Duchow, ademais de talentos galegos como Carme López e Irene Sáenz conformaron o cartel de espectáculos audiovisuais como parte da corrente do festival de pontes e xerar diálogos entre son e cinema.

A praza da Quintana, Praterías, o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, NUMAX ou espazos naturais como o Xardín das Pedras que Falan foron sede dunha programación que combinou cinema internacional, creación galega, espectáculos audiovisuais en directo e encontros co público.
O cambio de modelo do festival e a aposta por sacar a programación ao espazo público da cidade como escenario creativo e devolver o cinema ás prazas da cidade foi recibido por unha ampla acollida do público, que encheu as sesións da programación.

Sesións como o live av de Oliver Laxe, Kangding Ray ft. Adrián Canoura deixaron a súa pegada deixaron a súa pegada, cun espectáculo irrepetible que converteu a cidade nun escenario sensorial único e que será lembrado como un dos momentos máis emblemáticos desta edición de Curtocircuíto.
