Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A investigación en intelixencia artificial cítase no CITIUS no 2024

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, o CITIUS, organizará o vindeiro ano o congreso máis importante de Europa en intelixencia artificial.
usc-congreso-intelixencia-artificial-slide-6-setembro-2023_r

Compostela, 6 de setembro do 2023 – O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, o CITIUS, organizará o vindeiro ano o congreso máis importante de Europa en intelixencia artificial.

O congreso ECAI cumpre cincuenta anos, o primeiro encontro celebrouse no Reino Unido en 1974, e celebrarase en Compostela. O CiTIUS da USC acolle esta semana as reunións de lanzamento coas que arrinca a conta atrás para a celebración en outubro de 2024.

A Asociación Europea de Intelixencia Artificial (EurAI) realiza un encargo único xa que, ao elixir Santiago, repite por primeira vez una sede. O CITIUS será o responsable da organización por segunda vez en catro anos o que significa un recoñecemento ao éxito alcanzado na edición dixital ECAI 2020.

Hai dous anos a USC organizou un evento pioneiro na modalidade non presencial, creado en tempo récord pola pandemia da COVID-19, que contou con máis de 5.000 participantes de 120 países distintos, e no que se presentaron case 400 traballos de investigación.

CITIUS

Santiago volverá ser o epicentro da Intelixencia Artificial en outubro de 2024. Un momento de excepcional importancia, ao coincidir no tempo co medio século de vida do congreso (organizado por primeira vez en 1974 no Reino Unido), e a previsible próxima aprobación do Regulamento en IA da Unión Europea, a primeira lei deste tipo a nivel mundial.

Espérase que ECAI 2024 reúna a máis de 1.000 investigadores e investigadoras de todo o mundo, así como entidades, organizacións e empresas de ámbito global, que se darán cita no CITIUS para presentar e debater sobre os últimos avances científico-técnicos, o futuro da IA e as súas aplicacións.

O evento será un acontecemento de extraordinario interese económico e social, e está promovido pola Asociación Europea para a Intelixencia Artificial (EurAI), que confiou a súa organización ao persoal investigador da USC.

Podes saber máis do CITIUS na entrevista que lle fixemos ao seu director hai uns anos seguindo este enlace

Primeiros pasos

A organización do evento dá esta semana en Santiago os seus primeiros pasos coas visitas preliminares ás instalacións que albergarán o congreso e distintas reunións de lanzamento.

En este primeiro encontro participan os responsables de programa de ECAI 2024, Ulle Endriss (Universidade de Amsterdam, Países Baixos) e Francisco de Melo (Instituto Superior Técnico de Lisboa, Portugal); o responsable xeral da conferencia, Fredrik Heintz (Universidade de Linköping, Suecia); o presidente de EurAI, Carles Sierra (Institiuto de Investigación en IA, CSIC); e os presidentes do comité organizador, Senén Barro e Alberto Bugarín, os dous profesores da USC.

Post navigation

Previous: Movendo os marcos: Festival das Ideas e a Cultura
Next: Nova licitación para a depuradora da Silvouta

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.