Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Un tractor desapareceu durante un mes do aeroporto de Santiago

A CIG mostra a súa preocupación polos fallos de seguridade do aeroporto que fixeron posible que un tractor desaparecera das instalacións durante un mes.
cig desapariciion tractor 5 febreiro 2020

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 5 de febreiro do 2020 – A CIG mostra a súa preocupación polos fallos de seguridade do aeroporto que fixeron posible que un tractor desaparecera das instalacións durante un mes.
    • A volta do tractor

Compostela, 5 de febreiro do 2020 – A CIG mostra a súa preocupación polos fallos de seguridade do aeroporto que fixeron posible que un tractor desaparecera das instalacións durante un mes.

O tractor pertencía ao espazo denominado de “inertes”, vehículos avariados que se almacenan para unha posterior venda como chatarra. O 23 de decembro foi inventariado e fotografado todo ese material, para confeccionar o expediente de venda, polo que ese día pódese constatar que o tractor atopábase nas instalacións.

 Días despois  según explica o sindicato “de forma sorprendente, cando os interesados no expediente, acompañados por persoal de AENA, van revisar lugar descobren, ao comparar as fotografías cos vehículos almacenados, que falta o tractor”.

Un tractor desapareceu durante un mes do aeroporto de SantiagoDesde a sección sindical da CIG de AENA explican que para acceder a ese espazo hai que pasar dúas portas de seguridade que terían que ser abertas polo persoal de seguridade do aeroporto. Porén, o persoal de seguridade non ten constancia de que ninguén solicitara a apertura do espazo.

Cig – AENA explica que a situación e aínda pior xa que “tras se revisar as cámaras de seguridade, parece ser que para sacar o tractor gravaron un coche grúa ao que se subiu o vehículo”.

Até onde a CIG-AENA ten coñecemento, o asunto está denunciado diante da policía. En todo caso, ademais de manifestar o seu estupor ante un feito tan sorprendente como que ninguén se decate de que se saque das instalacións aeroportuarias un vehículo das dimensións dun tractor, expresan tamén a súa preocupación por un feito destas características.

A volta do tractor

A historia non remata xa que o 28 de xaneiro pola mañá o vehículo reaparece no mesmo almacén.

Diante desta situación a CIG-AENA reclama que se aclare o sucedido para que non se peche en falso un suceso destas características e que se adopten as medidas oportunas para que casos como este non se volvan repetir nunha instalación como un aeroporto ao que se lle supoñen unhas medidas de seguridade moi superiores ás de calquera outra instalación pública.

Post navigation

Previous: Lousame creará unha bolsa de emprego para o servizo de Axuda no Fogar
Next: A Baña rexeita os recursos contra o contrato de renovación do alumeado

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.