Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O local como punto de partida dunha Ciencia con conciencia

usc-ciencia-sen-sair-da-casa-slide-26-novembro-2020_r

O CISPAC, CITMAga e ECOBAS lanzan a Declaración de Compostela “Da ciencia con conciencia” por unha ciencia comprometida e responsable.

Os tres centros galegos de investigación interuniversitarios CISPAC, CITMAga e ECOBAS veñen de asinar a Declaración de Compostela “Da ciencia con conciencia” na que asumen o compromiso de construír “un ecosistema científico colaborativo baseado na excelencia e utilidade social, cun enfoque aberto” á cooperación con outros centros públicos de investigación, tanto universitarios como non universitarios.

As entidades asinantes subliñan a importancia da contorna como punto de partida para a investigación, recoñecendo o papel central da sociedade local na xeración de coñecemento global.

Resáltase ademais a comunicación como ferramenta chave para fomentar o diálogo coa sociedade e os centros de investigación.

Sumar apoios

Os impulsores da declaración “Da ciencia con conciencia” pretenden que máis centros de investigación galegos  se adhiran, de maneira aberta e participativa, a esta iniciativa de compromiso “coa Ciencia Aberta, coa construción dunha nova ciencia cidadá e cun modelo de formación académica en proceso de transformación”.

A Declaración, un documento aberto a achegas de mellora, xurdiu na I Xornada dos Centros de Investigación Interuniversitarios de Galicia que desenvolveron en febreiro CISPAC, CITMAga e ECOBAS.

En este encontro o debate xirou arredor  dos grandes retos “dende a crise ecolóxica global ata o inmediato futuro do cambio climático, pasando polo desafío que supón o manexo masivo de datos e o uso da IA” aos que hai que dar resposta dende as ciencias cun enfoque transdisciplinar “no que conflúan distintas miradas e no que tomemos conciencia dos impactos tecnolóxicos, ambientais e sociais”.

“Conscientes de que non están cambiando os tempos senón que estamos cambiando de Tempo, o incremento de coñecemento xa non é un obxectivo”, asegura o manifesto no seu preámbulo, senón que “o verdadeiro obxectivo é a procura de solucións aos problemas das sociedades actuais sumando coñecementos e métodos transversais, dende a transdisciplinariedade”.

Post navigation

Previous: Xabier Díaz presenta o seu novo libro – disco en Dodro
Next: Apoiando ao rural de Frades

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.