Compostela, 4 de outubro do 2019 – A Cidade da Cultura acolle esta fin de semana, sábado e domingo, o IV Congreso Galego de Bonsái organizado por Alberto Baleato, da tenda kingii.
O congreso é un encontro internacional onde se darán cita expositores doutros países como Portugal ou Francia, ademais de todo o territorio nacional. As pasadas edicións tiveron lugar en Val do Dubra, pero este o ano o congreso salta a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela co propósito de dar máis visibilidade a todos os expositores, e sobre todo para atraer a un público maioritario que queira descubrir a arte milenaria do bonsái. Todas as actividades son gratuítas.
O último congreso que tivo lugar en 2016 reuniu a unhas 5.000 persoas durante os dous días que durou o encontro, e acudiu público de todas as comunidades autónomas e así como tamén de Portugal, Francia, Alemaña, Italia.
Exposicións
Para este ano contase cun total de 50 árbores que formarán parte da exposición central. Este ano haberá tamén un invitado especial, Jorge Campos, que terá un espazo propio onde se poderán ver dúas exposicións Labirinto e Orixe, que xuntas forman unha experiencia nunca vista no mundo bonsái.
Demostracións
Celebraranse 4 demostracións cos mestres Milan Karpisec ( Repúblia Checa), Francesco Forno (Italia), David Ruiz (Barcelona) e Andres Bicocca (Arxentina). As demostracións consisten en que cada mestre colle unha árbore e trabállao en directo explicando o como e o porqué de cada acción. Ademais haberá 3 charlas da man de Luís vila de Oleiros que falará sobre deseño co apoio de David Ruiz, José Pardo (Conservador do Museo de Bonsái do botánico de Barcelona) que nos achegará a unha nova visión sobre pragas e fitosanitarios e Néstor NDM que falará sobre Kazari, o termo xaponés que estuda a arte de expoñer bonsái.


