Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entroido
  • Xeral

Viaxes no tempo no Entroido do Gaias

A Cidade da Cultura recupera este ano o seu tradicional Baile de Entroido e prepara unha festa de disfraces familiar o 20 de febreiro.
gaias-baile-de-mascaras-slide-6-febreiro-2023-(1)_r

Compostela, 8 de febreiro do 2023 – A Cidade da Cultura recupera este ano o seu tradicional Baile de Entroido e prepara unha festa de disfraces familiar o 20 de febreiro.

Esta data, Luns de Entroido, pasará polo Gaias a música de Paco Cerdeira Pakolas que animará unha festa temática inspirada  nas viaxes no tempo. A cita será no Museo Centro Gaiás a partir das catro e media. A festa comezará cunha pinchada musical coa que ir desenferruxando as articulacións. A partir das 17,30 horas será a quenda de queimar a pista de baile co rock de Pakolas e Ramona Órbita e, xa para despedir a tarde, ás 18,30 horas, celebrarase un desfile de disfraces onde os máis sorprendentes e orixinais levarán un pequeno agasallo.

Acorde ao espectáculo central da xornada, a temática do baile deste ano serán as viaxes no tempo, polo que o Gaiás poboarase de dinosauros e robots, faraóns e cavernícolas, e por suposto viaxeiras e viaxeiros do tempo de toda caste.

As entradas teñen un prezo de 3 euros (máis gastos de xestión) e xa están á venda no Museo Centro Gaiás ou en liña na web da Cidade da Cultura ou en Ataquilla.com.

‘Cores, cantos e rock’n’roll con Ramona Órbita’

Neste espectáculo, que destaca pola súa intelixente combinación de humor, calidade musical e forza interpretativa, Pakolas canta e narra as aventuras desta avoa do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas e unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela, Ramona Órbita viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo máis xusto e ecolóxico.

Así, a través de animadas cancións e dos debuxos en directo da ilustradora Laura Romero, o público vai saltando a diferentes épocas: desde a Prehistoria, ao Renacemento ou ao Antigo Exipto, ata chegar a un futuro no que cantar por unha sociedade máis concienciada co coidado da contorna e o respecto ao medio ambiente.

Paco Cerdeira ‘Pakolas’

Autor, compositor, intérprete e produtor de música pensada para o público miúdo, Paco Cerdeira conta cunha traxectoria de máis de 15 anos ás súas costas. Formou parte do grupo Mamá Cabra durante unha década e é fundador e integrante da Gramola Gominola (compositor, guitarra e voz). Co seu proxecto individual Pakolas, editou dous libro-discos e leva xirando por toda Galicia desde 2017.

Post navigation

Previous: Silleda inviste en vías do rural máis dun millón de euros
Next: Preséntase o proxecto do novo CEIP do Milladoiro

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.