займ срочно

Compostela acolle un ano máis o ciclo De Lugares e Órganos

0

Compostela, 23 de marzo do 2023 – O concello de Santiago organiza un ano máis, coincidindo coa Semana Santa, o ciclo de concertos e actividades De Lugares e Órganos.

De Lugares e Órganos celebrarase entre o 31 de marzo e o 8 de abril. O primeiro dos concertos terá lugar o día 31 de marzo en San Paio de Antealtares, da man do coruñés afincado en Ámsterdam, Enrique López-Cortón, cantante, director de grupos vocais e organista, que dirixirá a Capella Sancta Maria, para interpretar un programa de músicas procedentes de mosteiros femininos ou compostas e arranxadas para seren cantadas polas freiras.

O día 2 terá lugar o segundo dos concertos, da man do grupo La Tasteggiata, unha formación integrada por Tobie Miller, Marco Ambrosini e Eva-Maria Rusche, que interpretará un programa de música barroca, Notas roubadas, cunha combinación instrumental pouco usual de zanfona, nyckelharpa, órgano portativo e espineta. O concerto terá lugar na igrexa do Pazo de San Lourenzo, un espazo no que existe un valioso órgano aínda sen restaurar. O concerto irá precedido dun espazo de peparación para a escoita e conversa cos intérpretes, no que se falará dos instrumentos que serán interpretados, así como dos contidos do programa de concerto.

O día 3 será a quenda do órgano de Santa Clara, no que a organista Eva-María Rusche interpretará un programa integrado por pezas compostas arredor do himno do Page Lingua, xunto a sonatas da chiesa de coñecidos autores.

Pechará o ciclo o día 8, na Igrexa da Universidade, Alejandra Escolante, unha das máis prezadas organistas do panorama musical galego, que actuará xunto cos membros do Quinteto InVento, para interpretar un variado programa de pezas no que se contrastan e alternan as múltiples sonoridades do órgano de tubos co son brillante do quinteto de vento.

O ciclo foi presentado pola Concellaría de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e a directora artística do programa, Belén Bermejo. Rosón reiterou a aposta do Concello de Santiago por “achegar a cultura a toda a cidadanía” e lembrou que “todos os concertos son de balde, a excepción da proxección de Shoes, que ten un custe de 4 euros”.

Pola súa banda, Belén Bermejo explicou que o propósito da programación é “achegar públicos amplos a este descoñecido e ao tempo fascinante instrumento, do que Compostela posúe magníficos elementos exemplarmente restaurados, así como ás súas músicas, aos oficios con el relacionados e ás súas intérpretes”.

Ademais da programación de concertos, De Lugares e Órganos ofrece, coma todos os anos, outras actividades e formatos de concerto, que pretenden amosar outras caras dos órganos e expandir a programación ao longo da cidade.

Toda a información de este ciclo e do resto da programación da cidade en Compostela Cultura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies