Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

As salas de radioloxía do CHUS “inoperantes”

CCOO denuncia a “inoperancia” das salas de radioloxía do CHUS, polas “constantes avarías duns equipos descatalogados”.
clinico larga

clinico larga

Compostela, 10 de xaneiro do 2024 – Comisións Obreiras denuncia a “inoperancia” das salas de radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario, CHUS, polas “constantes avarías duns equipos descatalogados”.

clinico larga

O sindicato explica que o equipamento de radioloxía ten abundantes avarias que repercuten directamente no tempo de atención aos doentes e na propia saúde dos profesionais.Actualmente existen dúas salas de raios nas Urxencias do CHUS, “pero dificilmente se poden encontrar en servizo as dúas o mesmo tempo pois case sempre algunha delas está avariada”.

Segundo CCOO as máquinas son “obsoletas” e reparadas con pezas doutros equipos. Deste xeito, co constante uso, “ao pouco volven estar estropeadas”. Alén destes problemas técnicos, as salas existentes “non se adaptan á tecnoloxía existente na actualidade”. Unha delas, por exemplo, “é das poucas analóxicas que quedan en Galicia” o que provoca en moitas ocasións que haxa que repetir as radiografías, “sometendo o doente a unha irradiación innecesaria e inxustificada”.

Desde a sección sindical de CCOO sinalan que hai case un ano, en marzo do 2023, os responsables da Xerencia da Área Sanitaria comprometéronse a renovar as máquinas, pero a día de hoxe “nada se sabe ao respecto”.

O sindicato insta a acometer canto antes a dita renovación, xa que esta situación ten repercusións tanto na saúde laboral do persoal sanitario, con constantes lesións musculares polo mal estado dos aparatos, como no desbordamento das Urxencias e os tempos de espera que deben padecer os doentes.

Post navigation

Previous: Compostela recibirá 900.000 € do Plan Único da Deputación
Next: Pellets: máis emerxencia pero sen coordinación

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.