Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Cesga presenta hoxe un centro cuántico que será unha referencia en toda Europa

O CESGA, presenta hoxe un acordo de colaboración coa empresa Fujitsu para a creación dun centro cuántico en Santiago.
cesga-premio-cpeig-slide-27-setembro-2021_r

Compostela, 21 de abril do 2023 – O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, presenta hoxe un acordo de colaboración coa empresa Fujitsu para a creación dun centro cuántico en Santiago.

A firma do acordo entre o CESGA e Fujitsu ten como obxectivo a investigación e innovación en tecnoloxías Cuánticas. O convenio posibilitará a creación do Quantum Center de Fujitsu que terá a súa sede en Santiago de Compostela.

A dirección de este centro correrá a cargo tanto do CESGA como das Universidades Galegas e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). No acto presentarase ademais o Computador Cuántico ofertado por Fujitsu, producido pola startup británica Oxford Quantum Circuits (OQC).

Este novo ordenador comezará a dar servizo no CESGA en setembro de 2023 e será o de maior número de cúbits que se instalará en España en 2023. A iniciativa forma parte do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, que aspira a investir nos próximos anos 154 millóns de euros e no que xa están en execución investimentos por máis de 30 millóns para contribuir á captación e retención de talento, con máis dunha trintena de empregos xerados.

Esta nova infraestrutura forma parte dos investimentos previstos no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, unha das iniciativas posta en marcha pola Xunta de Galicia como un dos proxectos estratéxicos da candidatura galega aos fondos Next Generation.

No acto participaran Lois Orosa, Director Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA); Vivek Mahajan, Chief Technology Officer, Fujitsu Xapón; Gonzalo Romeo, Director de Produto, Fujitsu -España; Ilana Wisby, Chief Executive Officer e Socia Fundadora de Oxford Quantum Circuits) e Francisco Conde, Vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Post navigation

Previous: Abren de novo a causa contra o ex Director Xeral de Minas relacionada coa de San Finx
Next: Os espectáculos taurinos en Padrón a debate no Parlamento de Galicia

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.