Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Rakhat-Bi Abdyssagin trae música e cuántica ao CESGA

foto2

O Centro de Súper Computación de Galicia, CESGA, celebra a semana da ciencia cun concerto de  Rakhat-Bi Abdyssagin baixo o título de “A unión da música e cuántica”


O CESGA trae a Compostela a un dos máis interesantes compositores da actualidade, o kazajo Rakhat-Bi Abdyssagin. Autor das óperas The Sunlit Path (2019), The Mysterious Lady (2019) e The Bruce (2023), e de máis de 150 composicións musicais, que van desde pezas de cámara ata obras sinfónicas, como The Will to Live, God’s Dwelling, Beyond the Darkness ou Time Run; algúns o comparan con Mozart.

Rakhat-Bi Abdyssagin (Almatý, Kazajistán, 1999), leva compoñendo música desde os nove anos. Ademais de esa faceta creativa é teórico musical, investigador e doutor en Filosofía.

Actividades

Esta é a súa primeira visita a Galicia e, durante a súa estadía, ten programadas tres actividades para a comunidade investigadora e o público en xeral. Comezará o mércores 26 de novembro cun Seminario especializado. Este encontro entre Abdyssagin e a comunidade cuántica galega ofrece unha oportunidade para reflexionar, desde unha perspectiva científica, sobre os conceptos presentados no seu libro “Mecánica cuántica e música de vangarda: sombras do baleiro”.

Entre outros aspectos, explorará a relación entre os avances na mecánica cuántica e as innovacións na composición musical. A cita ás10:00 h na sala de conferencias do IGFAE.

O xoves, 27 de novembro impartirá a charla “Mecánica cuántica e música de vangarda: Sombras do baleiro”, unha presentación para o público xeral sobre o seu libro homónimo, publicado en 2024 pola prestixiosa editorial científica Springer. A cita ás sete da tarde no auditorio do CGAC con entrada gratuíta ata completar aforo.

Xa o venres 28 dará un recital de piano, ás oito da tarde no auditorio CGAC, con entrada gratuíta ata completar aforo. O programa do concerto é o seguinte:

◦ Frédéric François Chopin, Fantaisie-Impromptu en Do sostenido menor, Op. posth. 66, WN 46

◦ Johann Sebastian Bach, Preludio y Fuga en Do mayor, BWV 846.

◦ Wolfgang Amadeus Mozart, Fantasía en Re menor, KV 397/385g.

◦ Ludwig van Beethoven, Für Elise Bagatelle No. 25 en La menor, WoO 59, Bia 515.

◦ Frédéric François Chopin, Balada No. 1 en Sol menor, Op. 23.

◦ Frédéric François Chopin, Nocturno en Do sostenido menor, Op. posth.

◦ Frédéric François Chopin, Waltz en Mi menor.

◦ Franz Liszt, Años de peregrinaje. Primer año: Suiza. S.160, Orage.

◦ Alexander Scriabin, Estudio en Re sostenido menor, Op. 8, No. 12.

◦ Rakhat-Bi Abdyssagin, Rondine Piangente (2012)

Máis sobre Rakhat-Bi Abdyssagin

A música de Rakhat-Bi interprétase en prestixiosas salas de concertos como a Filharmónica de Berlín, a Konzerthaus de Berlín, a Konzerthaus de Viena, o Mozarteum de Salzburgo, o Carnegie Hall de Nova York e o Royal Festival Hall de Londres.

Á idade de 19 anos, ofreceu un recital en solitario no histórico piano de Tchaikovsky na súa casa-museo en Klin, Rusia. En 2024, a súa ópera catedralicia, *The Bruce*, estreouse na Catedral de Glasgow, na Catedral de San Giles de Edimburgo, na Catedral de San Andrés e na Abadía de Dunfermline.

Actividade divulgativa e investigadora

Participou nas Academias Impuls de Graz e noutros festivais. Dende os 13 anos, imparte conferencias a nivel internacional. É autor de artigos académicos e libros de texto. Aos 12 anos, publicou unha colección das súas composicións musicais titulada “Facets of Harmony”. Aos 14 anos, publicou unha obra única titulada “Mathematics and Contemporary Music”. Rakhat-Bi tamén foi profesor visitante nas universidades de Oxford, Cambridge e UCL.

En 2024, Springer Nature, a prestixiosa editorial científica coñecida por publicar as obras innovadoras de Einstein, Planck, Pauli e Heisenberg, publicou o libro do compositor kazako “Quantum Mechanics and Avant-Garde Music: Shadows of the Void”.

Sobre «Quantum Mechanics and Avant-Guarde Music: Shadows of the Void»

A presentación abarcará as diversas conexións entre a física cuántica e a música contemporánea, desde as interrelacións cronolóxicas ata as correlacións metafóricas entre fenómenos fundamentais da mecánica cuántica, como o principio de incerteza de Heisenberg, o principio de exclusión de Pauli e o entrelazamento cuántico; e o seu reflexo na estrutura de composicións musicais seleccionadas de Karlheinz Stockhausen, John Cage, Arnold Schoenberg e outros, así como en técnicas de interpretación específicas.

Rakhat-Bi Abdyssagin tamén falará sobre o papel da música clásica nas vidas e obras de grandes científicos como Albert Einstein, Max Planck, Max Born, Werner Heisenberg e outros. Finalmente, haberá tempo para a reflexión, abordando os aspectos máis filosóficos da teoría cuántica e a relatividade.

QUORUM SPAIN é un proxecto subvencionado polo CDTI e financiado con fondos Next Generation da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Post navigation

Previous: O Plan Director da Alameda de Compostela comeza a facerse realidade
Next: Un pleno cheo de extras

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.