Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Centro Xove sube o nivel

compostela centro xove clases maxistrais SLIDE 9 setembro 2025

O Centro Xove de Compostela presenta unha serie de clases maxistrais con nomes como Pablo Novoa, Tino di Geraldo ou Jorge Martinez. Todas de balde e con prioridade para os músicos que ensaian nos locais municipais.

O Centro Xove da Almáciga converteuse pouco a pouco nunha factoría de músicos e bandas, ademais dun lugar no que tomar contacto con distintas materias e deixar saír a creatividade. Os cursos de este verán estiveron completos e o inicio da tempada preséntase de novo pedindo con urxencia un maior espazo.

Onte presentábase no concello o programa de clases maxistrais con profesionais da música de primeiro nivel. Polo Centro Xove de Compostela pasarán nomes cunha longa traxectoria e que forman parte da historia da música no noso país.

“Compostela en Clave” traerá a Leo Jiménez, Tino di Geraldo, Pepe Bao, Pablo Novoa e Jorge Martinez para que compartan os seus coñecementos cos mozos e mozas, nun programa de balde para o que o prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de setembro.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe o ciclo “Compostela en Clave” acompañada polo coordinador das actividades musicais do Centro Xove da Almáciga, Guillermo Vistoso, e do técnico do departamento de Xuventude, Manuel Fernández.

A tenenta de alcaldesa deu conta, ademais, do programa de residencias, “que tamén da un salto de calidade, coa incorporación de nomes tan recoñecidos como Dakidarría, De Ninghures ou The Rapants, que colaborarán en diferentes actividades do Centro Xove”.

María Rozas explicou que “estes dous programas, coa participación de artistas de primeiro nivel, teñen como obxectivo seguir mellorando a formación do talento local, porque sabemos da enorme potencialidade que teñen os mozos e mozas de Santiago e queremos axudarlles a abrir portas a todos aqueles que queren dedicarse á música

“Compostela en Clave”

O ciclo de clases maxistrais do Centro Xove da Almáciga ten como obxectivo conectar aos mozos e mozas de Santiago, e sobre todo artistas e bandas que utilizan os locais de ensaio municipais, con profesionais da música de primeiro nivel e cunha longa traxectoria artística.

En setembro haberá dous encontros: o 19 de setembro con Leo Jiménez, o que fora vocalista de Saratoga e Stravaganzza; e o día 30, con Tino di Geraldo, considerado un dos principais percusionistas de flamenco e jazz de España e que tén traballado con artistas como Paco de Lucía, Raimundo Amador, ou Jackson Browne.

No mes de outubro está prevista unha clase maxistral, o día 21, con Pepe Bao, un dos baixistas máis influíntes de España que ten colaborado con artistas como Luz Casal, Barón Rojo, Medina Azahara, ou Manolo García, e que é un dos cofundadores da banda O´Funkillo.

Por último, para novembro están programados outros dous encontros: o día 4 a clase maxistral correrá a cargo de Pablo Novoa, ex de Golpes Bajos que vén de dirixir o musical Galicia Canibal e que fixo parte da banda do programa Lait Motiv de Buenafuente; e o día 11 de novembro pechará o programa o guitarrista Jorge Martínez, líder de Ilegales.

Para cada unha das sesións ofrécense un total de 50 prazas, e terán  preferencia as bandas do Centro Xove e persoas que teñan entre 14 e 35 anos e estean empadroadas no Concello de Santiago. Cada evento consistirá nunha clase maxistral, cun posterior coloquio coas persoas participantes.

A actividade é de balde, pero é preciso inscribirse desde hoxe ata o 19 de setembro, enviando un correo electrónico á dirección info@centroxove.com.

The Rapants ou De Ninghures, no programa de Residencias no Centro Xove

O Centro Xove tamén tén en marcha o seu programa de residencias, co que lle da soporte a proxectos dirixidos á mocidade, relacionados coa música e as artes escénicas.

Neste curso, reforzarase a liña de traballo iniciada nos últimos meses, de maneira que bandas profesionalizadas que utilizan o Centro Xove colaboren en diferentes iniciativas dirixidas aos usuarios e usuarias, a modo de contraprestación. Así se ten realizado xa  con artistas que iniciaron a súa traxectoria nos locais de ensaio da Almáciga como Fillas de Cassandra, De Ninghures ou Mondra.

Neste curso, no programa de residencias participarán o Coro da Rá, que acollerá novas voces vinculadas ao Centro Xove e colaborará nalgúns dos concertos da programación da Almáciga; Dakidarría, unha banda con máis de 20 anos de traxectoria que participará nun encontro formativo coas formacións do Centro Xove no primeiro trimestre de 2026; e De Ninghures, que realizarán un ensaio aberto nas instalacións da Almáciga e manterán un encontro cos usuarios e usuarias.

Tamén farán parte do programa de residencias a banda compostelá Sr Salvaje, que gravará unha canción cun grupo do Centro Xove e ofrecerá un tour formativo para mostrar a organización e montaxe dun concerto; Zeltia Irevire, artista invitada no Festival Lanzadeira celebrado en agosto; e The Rapants, que participará en diferentes eventos do Centro Xove e tamén nun video promocional do espazo.

Post navigation

Previous: Arzúa reforza a feira do Capón
Next: Denuncian os continuos vertidos no río Deza

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.